miércoles, 6 de febrero de 2013

ALFIN: Conferencia de Andrés Dacosta.

“Apuntamentos para a investigación da historia escrita e oral do Concello de Poio”

E se calquera profesor nos pide un traballo ou un proxecto documental sobre calquera aspecto da vida, cultura, historia, arquitectura, costumes, toponimia…. do noso concello; Por donde comezo?????? Nestes tempos dixitais seguramente nos lanzaremos cara o ordenador, a Google… pero non hai máis medios, máis achegados a nós de informarnos????. Sobre isto veunos documentar o historiados Andrés Dacosta Martínez coa súa documentación e coa súa caixa de tesouros.

P1010001 P1010008 P1010007

Para a investigación escrita citounos fontes arquivísticas que temos a man como os arquivos do Concello, do xulgado de paz, os arquivos parroquiais ou o arquivo do mosteiro. Falou tamén de recursos na web  como o consellodacultura.org  ou do NODO que podemos atopar en rtv.es/filmoteca/no-do.
Para a investigación oral remitiunos á “Cultura da lareira”: escoitar aos nosos maiores que “son enciclopedias vivas”; permitiremos que eles nos transmitan o seu saber, facerlles unha entrevista aínda que recomendounos que sempre debemos contrastar a imformación oral coa escrita.

P1010012 P1010014 P1010025

A Caixa dos tesouros:
Andrés Dacosta sorprendeunos  gratamente coa súa caixa dos tesouros, chea de obxectos cotiás que nos poden servir para documentarnos: fotografías ( “unha foto nunha caixa pode ser unha historia”), moedas, álbumes de cromos, o Estatuto de Autonomía do 36, a Constitución da república do 31, necrolóxicas… (“temos que escoitar aos obxectos, que querer saber o que nos rodea, detrás de todas as cousas hai un simbolismo”), ata un xornal chinés que ensinou a Fang para interpretalo.
Entregounos ademais un cuestionario para realizar entrevistas cun listado de temas que poden ser de interés para o noso traballo: Flora, fauna, alimentación,foros, pesca, marisqueo, vivenda, traballo, música e folclore, feiras, escola e xogo e moitos máis indicadores para dirixir as nosas pesquisas e elaborar o noso proxecto documental.
Grazas Andrés pola túa colaboración e pola transmisión da información, por ensinarnos a valorar o que é noso, o que temos ao noso lado: o noso mundo e o noso concello.

P1010016 P1010022 P1010034

No hay comentarios: