viernes, 10 de diciembre de 2010

O CROMOSOMA DOS DEREITOS HUMANOS de FRAN ALONSO

MEDITAMOS:
No día dos Dereitos Humanos (10-12-2010) deixámosvos estas reflexións de Fran Alonso sobre o tema, a primeira parte do texto é moi crúa (real como a vida mesma):  " ¿Cara a onde camiñamos? ¿Unicamente cara a un mundo gobernado pola cifras? Pois esas mesmas cifras certifican que arredor de 350 persoas ingresan anualmente nas súas arcas particulares a mesma cantidade de diñeiro coa que viven
2.700 millóns de seres humanos".
A segunda e última é máis positiva: " Pero, se temos vontade, a poesía renacerá con ímpeto da crise financeira. Porque se somos capaces de crer no futuro, tamén seremos quen de construílo.
Como John Lennon, asasinado hai trinta anos en Nova York, podemos imaxinar que non existe o ceo. Imaxinémolo. É doado se o intentamos.Se somos quen de crer nos Dereitos Humanos, seremos quen de respectalos. Non pode haber credo máis verdadeiro nin relixión máis universal.
E tamén hai que crer na utopía. Porque só se conseguen as cousas nas que se cre. E porque o respecto aos Dereitos Humanos, construídos a partir da palabra, asentan no individuo o cromosoma máis característico que identifica á nosa especie: a racionalidade."

No hay comentarios: