miércoles, 9 de mayo de 2012

15.724, Nova novela de Xesús Constela

Mañá teremos a grande sorte de contar na nosa biblioteca co escritor Xesús Constela que nos presentará a súa última novela, 15.724.

Farémoslle preguntas sobre a súa nova obra, da que de momento só el conta cun exemplar, e gozaremos da súa amabilidade e simpatía; creo que tamén nos lerá  EN PRIMICIA,  un pequeno fragmento.
Desde aquí adiantamos a información da contraportada sobre o libro e vos convidamos a ler a recensión da conversa que celebraremos mañá.
Esperámolo con impaciencia....

15.724, a miña nova novela, segundo consta na contraportada ,trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira". 
O argumento amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.
En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.
A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.
Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?

E que teremos algo dese REALISMO MÁXICO que xa apuntaba en As humanas proporcións?????????

Boa sorte coa nova publicación, Xesús.




1 comentario:

Xesús Constela dijo...

Moitas grazas a todos os usuarios da Biblioteca do IES de Poio, e especialmente a Anxos Rial, a súa encargada, pola inclusión deste anuncio no seu blog.