martes, 17 de diciembre de 2013
Recomendando Ciencias:
Etiquetas:
ciencias,
ler ciencia,
recomendacions
jueves, 12 de diciembre de 2013
Lectores do Nadal
Tamén nos beléns de NADAL hai lectores, figuriñas que len nin máis nin menos que a Regra de San Bieito, éun libriño de cera, miniatura do século XVIII:
Recomendacións lectoras desde "O Segrel do Penedo"
Desde a biblioteca de "O segrel do Penedo" de fene chégannos estas fermosas recomendacións lectoras:
miércoles, 11 de diciembre de 2013
A lenda do visgo e o acivro, unha historia de amor para o Nadal.
Chegadas estas datas entre exame e exame xa imos pensando no tempo de lecer, nas festas e nos turróns.
Na nosa biblioteca o verde e o vermello fixeron presencia pero sabemos o porqué destas cores???
Tamén temos unha póla de acivro pendurado da porta por aquilo do bico pero coñecemos a lenda do visgo e o acivro???
O acivro ten os froitos vermellos e o visgo ten os froitos brancos.
O costume de colgar o visgo nas portas e bicar a quen se atope debaixo está asociada a unha serie de interpretacións das tradicións celtas que consideraban esta planta como portadora da boa fortuna e a fertilidad, de aí o do bico .
Pero, xa na Idade Media,
os cristiáns consideraron demasiado pagán este adorno e a súa
simboloxía celta e cambiárono polo accivro pero non variaron o
costume de nadal do bico ( está claro que sexa con visgo ou con
acivro, o dos bicos, gustaba a todo o mundo). E o máis curioso é
que , tamén introduciron unha tendencia decorativa , facendo que a
cor verde e a cor vermella se considerásen distintivos do Nadal.
A lenda do bico debaixo
do visgo chéganos de man do deus da paz, Balder, este foi ferido e
morto por unha frecha de visgo, isto entristeceu moito ao resto dos
deuses, que conmovidos polos choros da amada de Balder,
restituíronlle a vida para que continuase eternamente co seu amor.
Por iso, en tributo a esta paixón sen fin, Balder ordenou que cada
vez que unha parella namorada pasase por baixo dunha rama de acivro ou visgo, se bicasen para perpetuar o seu amor.
Dito isto, sexa acivro ou
visgo, o do bico mantense. Xa sabedes ir pola biblioteca pode ser unha boa disculpa para bicalo ou bicala...
martes, 10 de diciembre de 2013
Sobre zombies e lingua galega.
Unha parodia sobre a situación da lingua galega no ensino:
Bravo polos alumnos e alumnas do IES Pazó da Mercé.
E a canción:
E a letra:
Bravo polos alumnos e alumnas do IES Pazó da Mercé.
E a canción:
E a letra:
Historias dunha terra de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos na voltas que a música nos da.
Camiña e fazer camiño
Escoitar, aprender e compartir.
As dornas de Combarro loitando contra o mar
Etiquetas:
lingua galega,
normalizacion,
sociolinguistica
lunes, 9 de diciembre de 2013
martes, 26 de noviembre de 2013
DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 2013
O 25 de Novembro coma xa vén sendo habitual na nosa biblioteca tivemos os actos do "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres".
O EDNL do centro colocara previamente en puntos estratéxicos siluetas de mulleres asasinadas e dos seus asasinos, o Concello presentou a exposición dos carteis gañadores no concurso arredor do tema en varias convocatorias e a biblioteca colocara o seu enreixado de poemas.
No día de onte, varios grupos de alumnos percorremos estas performances facendo lecturas dunha selección de poemas en galego que denuncian a violencia contra as mulleres.
Nas voces dos adolescentes de 2º de ESO A e C quixemos que se puideran escoitar aos poetas e ás corenta e cinco mulleres asasinadas no que levamos de ano.
Nas voces dos adolescentes de 2º de ESO A e C quixemos que se puideran escoitar aos poetas e ás corenta e cinco mulleres asasinadas no que levamos de ano.
Violencia contra as mulleres from ANXOS RIAL on Vimeo.
E como agasallo a profesora Liliana Monetti quixo acompañarnos con este fermoso relato seu sobre o tema:
CUENTA REGRESIVA
Por Liliana Monetti
Diez.
Lo viste en un programa de televisión, hace poco. Decían que para evitar la
angustia -todos esos oscuros pensamientos que ensombrecen la vida-, una buena
terapia era pensar en diez cosas buenas que nos hayan pasado últimamente. Diez
experiencias sencillas y bonitas, desde que te levantas, hasta que te acuestas.
Pero tú no puedes pensar en diez, ni en cinco. Te cuesta encontrar apenas dos,
quizás una. Fugaces.
Nueve.
Haces cuentas y son nueve años ya. Un tiempo gris en el que el sueño inocente
de una joven se convirtió en la pesadilla asfixiante de una mujer, envejecida
por los insultos y la falta de libertad. Nueve años de de metamorfosis
retrógrada. La delicada mariposa se convirtió en gusano.
Ocho.
Ocho rosas amarillas fueron su último simulacro de arrepentimiento. Tú sólo
viste las espinas. Ahora, en penumbras, adivinas las hojas marchitas asomando
desde el cubo de la basura.
Siete.
Siete colillas y un humo espeso de tabaco amargo, dañino. Algún día dejarías de
fumar.
Seis.
Ésas fueron las ocasiones en las que te atreviste a acudir al médico,
avergonzada. Te pidieron que denunciaras pero nunca fuiste capaz. Hasta hoy.
Cinco.
Tu amiga cogió el teléfono y antes de que empezaras a hablar, advirtió tus
sollozos y te dijo que te recogería en cinco minutos. Cinco minutos que se te
hacen eternos, mirando el reloj al tiempo que escuchas las gotas de la lluvia
persistente golpear sobre la ventana. Cinco minutos no pueden ser tan largos.
Pronto estará aquí.
Cuatro.
De todas las fotos que había en la casa, tuviste tiempo de escoger unas pocas,
sólo cuatro. En una de ellas, estás con tu abuela, tu madre y tu niña, el día
de su nacimiento. Ese era quizás, el único pensamiento feliz que podías dibujar
entre tus recuerdos. Lo anotaste en una libreta pequeña.
Tres.
Con apenas tres años, la niña sonríe ajena a todo, con una sonrisa transparente
y una mirada tierna que te hace sentir mejor. Nunca pensaste en la palabra
invulnerable, porque no estaba en tu diccionario. Pero desde que ella nació,
pensaste que así era como tenías que sentirte. Tenías que esperar el momento
adecuado para eclosionar y renacer. Ser fuerte por las dos. Os quedaba toda la
vida para disfrutar juntas. Si lograbas tener una vida.
Dos.
Cerraste la maleta y escuchaste los dos “clac” sonando contundentes, como el
pistoletazo de salida de una dura carrera, como la nota perdida de una sinfonía
inconclusa. No pudiste evitar pensar en lo bien que habías hecho al comprarla,
aunque nunca hubieras podido viajar a ninguno de los sitios con los que
soñabas. Afortunadamente, los sueños no tenían fecha de caducidad.
Una.
Sólo una pregunta te venía a la cabeza. Por qué razón, si el que comete el
delito es él, la que tenía que huir era ella. No pretendiste encontrar
respuestas. Seguramente no las entenderías.
La
bocina del coche te despertó de tu letargo otoñal. Con la mano derecha, cogiste
a tu niña, aferrada a su muñeca preferida. Con la izquierda, intentaste agarrar
la maleta. Casi habías olvidado el dolor y los moratones que ocultabas bajo una
gastada camisa azul. Te estremeciste, pero no te quejaste. No mirarías atrás.
No hacía falta, nada había en esa casa que te provocara nostalgia.
Bajaste
la escalera, y antes de subir al coche, pudiste ver que uno de los carteles que
habían pegado hacía tiempo, colgaba medio deshecho, después de la última
tormenta. “Con el maltratador, tolerancia cero”, leíste. Así es como empezarías
de nuevo a vivir, de cero. Resurgiendo de entre los escombros de una casa que
nunca fue un hogar. Desplegaste tus alas de mariposa, sólo te quedaba volar.
martes, 12 de noviembre de 2013
LECTURA EN FAMILIA: LIBROS QUE VAN E VEÑEN.
Todos coñecemos a importancia que ten a lectura como formación, como goce, como aprendizaxe... na nosa biblioteca traballamos as lecturas compartidas entre iguais, desde as aulas, desde os clubs de lectura, desde a Hora de Ler, mais sabemos da grande importancia que ten o feito de que as familias compartan esas lecturas; coas Mochilas viaxeiras buscamos desenvolver esa fermosa ligazón que pode supoñer un libro, unha revista, un comic, un disco reunindo a todos os membros da familia ao seu redor.
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas veñen de publicar este programiña para reunir ás familias arredor das lecturas: o como, cando, o porqué de LERMOS XUNTOS":Este é o enlace que podedes utilizar para descargar o programa de ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS:
https://docs.google.com/viewer?url=http%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.es%2Fbiblioteca%2Fblog%2Ffiles%2Ffolleto_v.0_0.pdf
Etiquetas:
lecturas,
ler en familia,
MOCHILAS VIAXEIRAS
miércoles, 6 de noviembre de 2013
SAMAÍN 2013: sobre mortos vivintes, esqueletes, momias e demais seres do alén.
Este traballo foi realizado polos alumnos e alumnas de 1º de ESO D, que aportan coa súa arte particular, unha nova visión aos seres do máis alá que nos transmitiu a Literatura galega:
lunes, 28 de octubre de 2013
CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA
Coas palabras de Laura Gallego e nas voces das nosas compañeiras do club de lectura de 2º de ESO chéganos este convite a celebrar o Día da Biblioteca 2013
Con motivo da celebración aproveitamos para estrear o noso vídeo realizado para a páxina de Leer.es e que xa podedes visionar no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/576

CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach
jueves, 24 de octubre de 2013
24 de Outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Por mor da folga convocada para o día de hoxe en "DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO" trasladamos a celebración do día das bibliotecas ao próximo luns, estades todos e todas convidados á estrea:
lunes, 21 de octubre de 2013
Os perigos de INTERNET: Un tebeo para ler en familia.
O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar, nunha produción de El Patito Editorial, veñen de publicar e enviar aos centros este comic sobre os perigos de Internet.
Unha historia que exemplifica os riscos que os máis novos corren se se conectan a Internet dunha forma non segura:
- Coa lectura do tebeo aprendemos que non debemos facilitar os nosos datos persoais a calquera persoa que no lo pida.
- Non deberemos enviar fotografías (nen nosas nen dos nosos compañeiros) a terceiros.
- Debemos informar aos nosos pais de con quen e de como nos conectamos.
- Sería moi bo facer aos pais partícipantes dos nosos lugares nas redes sociais para que poidan protexernos de calquera que nos queira facer mal ou enganarnos.
Podedes descargalo en PDF se desexades no seguinte enlace:
http://www.valedordopobo.com/index.php?s=156&i=128
Tamén podedes visionar o vídeo sobre a internet segura:
http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/2012/02/dia-de-internet-segura-2012.html
Despois da lectura deste comic esperamos os vosos comentarios.
Tamén podedes visionar o vídeo sobre a internet segura:
http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/2012/02/dia-de-internet-segura-2012.html
Etiquetas:
banda deseñada,
internet segura,
lectura en familia
miércoles, 16 de octubre de 2013
Escoitando a Rosalía tamén na nosa biblioteca:
No ano do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora:
"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s! — con Uxía Uxía, Seguidores De Astarot Cangas Do Morrazo, Fran Pérez, NARF, Resonet, Xiana Lastra Pernas, aCadaCanto, Amancio Prada oficial, Najla Shami e Aid."
Na nosa biblioteca podedes atopar:
"Rosalía pequeniña" de Uxía,
"Rapoemas" de Aid ,
" Na lingua que eu falo" de Najda Shami:
Etiquetas:
biblioteca fondos,
música,
Rosalía de Castro
viernes, 4 de octubre de 2013
Sobre FORMACIÓN DE USUARIOS e CLUBS DE LECTURA
Olaaa a todos e a todas:
O luns iniciamos unha nova andaina 2013/14 na nosa biblioteca, recibiremos ao alumnado de 1º de ESO para mostréllela e explicarlles como funciona, aproveitaremos para facerlles o seu carnet e se se portan ben faremos algún xogo con eles e elas.
O equipo da biblio está desexando recibilos pois sabe que logo da súa visita nos acompañarán en moitos recreos e serán seguidores fieis das nosas actividades, coa súa animación encherán a nosa casiña.
Debemos felicitar aos coordinadores das bibliotecas escolares dos seus coles pois trala visita dalgúns deles sabemos da boa formación que se lles deu nos mesmos.
Esta semana púxéronse a andar tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS, os titores ocuparanse de facelas rular durante todo o ano.
Debemos felicitar aos coordinadores das bibliotecas escolares dos seus coles pois trala visita dalgúns deles sabemos da boa formación que se lles deu nos mesmos.
Esta semana púxéronse a andar tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS, os titores ocuparanse de facelas rular durante todo o ano.
E por fin este venres comezaron a andar os CLUBS DE LECTURA, no recreo alí estaban as alumnas de 1º e 2º de bacharelato, o club de Linguas Clásicas, coa profesora Carmen Fernández ao frente presentándolles a súa primeira lectura do curso: "Anfitrión" de Plauto.
O vindeiro luns recibiremos a grupo 1 de 2º de ESO que se estrean como Club de Lectura, haberá que explicarlles como funciona, orientalos nas lecturas e actividades e aínda que eles e elas non o esperan convidalos a ser os novos axudantes da biblioteca.
Boa andaina para todos eles nos mundos da lecturaaaaaaa!!!!!.
Etiquetas:
club de lectura,
formación de usuarios.
domingo, 22 de septiembre de 2013
BESOS que fueron y no fueron... para comezar o novo ano lector cun sabor doce nos beizos.
Peter Pan, Wendy, a Fada Malvada, a Máquina expendedora de bicos, os bicos que saben a sal, o bico máis bico de todos os bicos... son algúns dos personaxes e dos títulos dos capítulos deste fermosísimo álbum ilustrado co cal queremos iniciar o ano lector.
Os bicos do pirata Barbaespesa, cociñeiro e capitán do galeón Birlibirloque para o que esfregar a súa barba é o máis parecido a pensar.
E con bicos empezaremos todos e todas a ler, a pensar, a analizar e a GOZAR das novidades lectoras que vos esperan na biblioteca; son petiscos doces cociñados con lindas palabras, fermosas imaxes, saborosos pratos servidos en moitos libros.
Non deixedes de pasar pola vosa biblioteca para poder saborealos:
"Él le iba a decir a ella te quiero.
Pero ella le puso un dedo índice en los labios.
Él no dijo nada: sólo besó ese dedo
antes de marcharse para siempre.
Desde aquel día ella protege ese beso con un dedal..."
(El beso de la costurera)
Novidades no inicio do novo curso académico 2013/14
Olaaaa denovo a todos e a todas as nosas lector@s e usuarios de Biblioteca do IES de Poio:
Comezamos o novo curso e quero comunicarvos que recibimos dous Selos de calidade E-twinning polo noso proxecto "Cinetura" no que participa a biblioteca.
A coordinadora do proxecto, Carmen Fernández e máis eu mesma fomos premiadas con este Selo por este proxecto que ten como eixe central a aprendizaxe a través do Cine e da literatura ( a lectura, análise e representación de obras literarias levadas ao cine) no que participa alumnado de Eslovaquia e Italia.
Como sabedes, este proxecto xa recibira o premio nacional en Eslovaquia.
A biblioteca foi o apoio neste proxecto en canto a fondos, medios, mesmo serviu como escenario de rodaxe e posúe a súa propia páxina de información e guía de lectura no twinspace do proxecto.
O SNA de E-twinning felicitounos polo traballo e agora esperaremos a resolución dos Selos europeos en outubro.
Parabéns a todo o alumnado que participou no proxecto e que é o verdadeiro protagonista deste selo; o xoves no tempo de lecer faremos entrega do diploma a tod@s os colaboradores
Algunhas mostras do traballo xa foran publicadas nos nosos blogs:
lunes, 17 de junio de 2013
O proxecto CINETURA gaña o Premio Nacional en Eslovaquia.
O proxecto e-twinning CINETURA que no noso centro coordina a profesora Carmen Fernández e co que colabora a biblioteca, vén de gañar o Premio Nacional en Eslovaquia; desde o IES de Poio queremos felicitar a profesora Katalin Kanozsay, coordinadora do proxecto en Eslovaquia, e a todos os seus alumnos e alumnas por este tan merecido premio.
Parabéns para todos e todas as participantes no proxecto e a seguir traballando e gozando destes encontros virtuais na REDE.
" Me es grato informaros de que el día de hoy nuestro proyecto ha obtenido el Premio Nacional de Eslovaquia.
Enhorabuena a todos, el premio es de los tres centros y de cada alumno y profe participante. En Komárno estamos muy alegres y contentas, recogemos el premio el 27 de junio y compartiremos con vosotros algunas fotos."
E O PREMIO É PARA.......
domingo, 9 de junio de 2013
jueves, 6 de junio de 2013
Lectores e educación literaria (II) ou de como rematar un curso de literatura galega dun xeito colaborativo.
Está mañá, na primeira hora rematamos as explicacións de Lingua e literatura galega na aula de 3º da ESO A dun xeito colaborativo, tod@s foron os docentes e os discentes, cada un tivo a súa frase de educación literaria para falar de Eduardo Pondal e uniron as súas voces para "mellor ou peor" ( non era o importante) interpretar o noso himno; foi serio e foi divertido (con tomas falsas incluídas) pero podo adiantarvos que non esquecerán a súa interpretación na clase do himno galego ( do que por certo non sabían nen a letra).
Escoitádeos:
E agora as tomas falsas, probas, risas e demais:
Aínda que non o pareza a partitura está no móbil...
Etiquetas:
colaboracion,
literatura galega,
Pondal
martes, 4 de junio de 2013
Lectores e educación literaria.
Felipe Zayas achega a literatura ao lector, formemos lectores competentes que saiban interpretar e gozar do estudo dos textos literarios:
Etiquetas:
educacion literaria,
lector competente,
literatura
COMPARTIR LECTURAS nas REDES SOCIAIS
lunes, 27 de mayo de 2013
domingo, 26 de mayo de 2013
Narrar en imaxes: A ESCALEIRA do CEIP A LAMA
Hoxe temos o pracer de presentarvos unha pequena curta moi especial: A Escaleira un pequeno agasallo que nos chega da man dos nosos queridos compañeiros e os seus marabillosos alumnos e alumnas do CEIP A LAMA.
Coma xa nos teñen acostumados estes rapaciños e rapaciñas da Lama nunca deixan de sorprendernos, dirixidos polos seus profesores son pequenos profesionais na creación de personaxes e na posta en escea.
O curso pasado namoreime de "Lulula" ( publicada neste mesmo blog) e este ano do Sr. Bombilla. Ademais a música está interpretada polo pai dun alumno, todo un exemplo de un traballo colaborativo da máis alta calidade.
PARABÉNS desde a biblio de Poio para todos eles, todo o noso agarimo e admiración para estes pequenos artistas:
domingo, 19 de mayo de 2013
NARRAR EN IMAXES
Preciosa curtametraxe, sen palabras:
miércoles, 15 de mayo de 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO: LETRAS GALEGAS 2013
Creación de Ignacio Rodiño do IES Leliadoura.
Etiquetas:
letras galegas,
LETRAS GALEGAS 2013,
literatura galega
viernes, 3 de mayo de 2013
Enredando versos: Crónica dun encontro “POÉTICO”
O día de onte resultou ser para todos os asistentes ao encontro “Enredando versos” (poetas e poetisas, organizadores e organizadoras, profesores e profesoras acompañantes, alumnas e alumnos) intensamente poético, un día no que o sol lucíu para nós cal luciron as sensacións e sentimentos, as palabras que – rimadas e non rimadas- voaron tal avelaíñas ao noso arredor mentres estivemos xuntos.
Chegados ao auditorio de Sanxenxo, tralas miradas inquedas e sorprendidas dos chicos e chicas (Onde me trouxeron? Que me separan dos compañeiros! Quen son estes que van comigo? ) situados xa por cores e obradoiros a primeira sesión de fotos e logo ao local que nos corresponde. Os poetas ultiman as sesións, vanse afacendo coa confianza do seu auditorio, vannos conquistando e “enredando” cos seus xogos poéticos, cadaquen deles co seu estilo:
O rapeiro cos pequenos de A Lama e A Florida, as chicas do obradoiro azul e laranxa vidas desde Compostela, Raúl Vacas que ocupa a súa mesa cunha maleta, libros, cámaras, Carlos Negro que reparte chocolate, tesouras e xornais vellos, Ledicia Costas que nos fala de respecto e rimas, de perder a vergoña para versificar, o son da guitarra de Lucía Aldao e a doce voz con aires da Costa da Morte de María Lado e foron “enredándoos e enredándonos” coas hedras das súas verbas; nalgún momento, o da composición, os silencios creativos sabían a papel e bolígrafo, a nerviosismo e a satisfacción para conducirnos suavemente á lectura en voz alta, ao poema colaborativo, a sabores e colores en verso.
E chegou o descanso, a merenda co reencontro, as opinións sobre as experiencias e preparados xa para o recital de alumnos, alumnas e poetas…
Quen dixo que os adolescentes non son creativos, que non lles interesa a poesía? Douscentos trinta rapaces e rapazas de 6º de primaria a primeiro de bacharelato, de distintos puntos do sur de Galicia escoitando e respectando as voces dos poetas, dos compañeiros e finalmente unindo as súas voces para resucitar as palabras que Rosalía escribiu hai 150 anos. Unha marabilla escoitalos e admirar os seus rostros sorrindo.
Pero aínda non rematamos, hai que ir ao mercado regalando poemas á xente da rúa, compartindo versos e caramelos en caixas de medicamentos ante a tristeza, a soidade, a crise (que llo pregunten aos alumnos de Dodro). E ante o mercado máis e máis versos … “hai fame, son as tres e seguimos recitando versos”.
Por fin á praia, os bocatas, a tortilla e a empanada, alimentamos a mente para recuperar palabras e rimas… e non rimas. Descanso.
Son as catro e estes profes queren que “colguemos” poemas das árbores, pois si, alá imos versos e máis versos tendidos ao sol e ao vento na beira do mar, azul intenso no ceo e na auga e as formas do papel, as palabras penduradas con pinzas de cores decoradas polas axudantes da biblioteca do CEIP A Lama. Logo vén a despedida, o manifesto poético, as voces de María, de Raúl e de Ledicia e a mensaxe na botella que non quería entrar, as palabras querían quedar con nós mais finalmente foron ao mar buscar novos roteiros para a poesía nos beizos doutros adolescentes necesitados de sentimentos, olores e sabores a mar.
O mellor agasallo: o sorriso dos chicos e chicas – os nosos protagonistas- durante toda a xornada e na hora da despedida.
lunes, 22 de abril de 2013
23 DE ABRIL: PERSOAS LIBRO NO IES DE POIO
Co gallo da celebración do Día do libro un grupo de 25 alumnos de 3º da ESO dos grupos A, C e D representarán como "persoas libros" a distintas figuras das novas xeracións de poetas en galego e castelán intentando contaxiar aos seus compañeiros do poder engaiolador da lírica.
Durante todo o recreo de mañá e en parellas, achegaranse aos seus compañeiros para agasallalos neste día cun fermoso poema.
Ademais durante o día de hoxe encheron as portas das súas aulas de versos en pos-it. Mañá tamén levaremos as lecturas fóra da aula.
Boa sorte para todos eles.
sábado, 13 de abril de 2013
FANTASMAS DE LUZ: Unha curtametraxe en homenaxe a Agustín Fernández Paz.
Rematada a lectura da novela de Agustín Fernández Paz Fantasmas de luz, as alumnas de 3º de ESO B: Claudia Calvo, Nerea Moldes e Paula Domínguez seleccionaron unha escena da obra e realizaron unha pequena curtametraxe.
Esta curta gravada con poucos medios pero con moita ilusión quere ser a súa pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz en agradecemento pola mensaxe de ánimo que el lles enviou previamente a lectura da novela: http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com.es/search/label/Agust%C3%ADn%20Fern%C3%A1ndez%20Paz
O vídeo está documentado cunha pequena ficha técnica sobre a preparación do mesmo e a súa gravación e realización que podedes consultar nesta entrada. Un traballo penso que excelente destas alumnas de 3º de ESO.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
curtametraxe,
literatura galega
viernes, 12 de abril de 2013
lunes, 25 de marzo de 2013
Breve panorámica da LIX no século XIX. Gemma Luch
miércoles, 20 de marzo de 2013
OBRADOIRO DE POESÍA 2013

Estes son os resultados do taller de poesía organizado para 3º de ESO, co gallo de celebrar o 21 de marzo.
A partir de 5 substantivos escollidos aleatoriamente (unha muller, unha praia, unha laranxa, unha gueivota e unha pluma) asociaron aos mesmos 5 adxectivos evocadores e logo crearon a partir deles un pequeno poema en versos libres; estas son as súas creacións:
domingo, 10 de marzo de 2013
8 de Marzo: Lecturas para todo o ano.
Desde o CPI PROGRESO de CATOIRA nos chega esta mágnifica selección de lecturas sobre mulleres, por que todos os días poden ser o Día da Muller. Graciñas Nine polo traballo compartido:
jueves, 7 de marzo de 2013
8de Marzo: Mulleres anónimas (twits e microcontos)
Etiquetas:
Dia da muller,
microcontos,
narrativa,
twits
miércoles, 6 de marzo de 2013
125 aniversario de OTERO PEDRAYO
Foto de Suso Díaz.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- 1976):
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo
Obras:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo&solapa=obras
Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- 1976):
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo
Obras:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo&solapa=obras
O
pan
e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do
chan galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en
compiladas figuras. Para nós o pan é o centeo,
e
o viño, o da cepa
vella, de
cepa torta, como osatura dun patriarca. En Ourense inda miramos as
"americanas" como un fato de damiselas neuróticas,
víctimas do surmenage
e
necesitadas de todas as drogas para botar o viño. 0 centeo cereal de
inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura.
Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un
lameiro de xaramagos, senradelas e gramas; cando está vizoso e alto,
tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano, sempre pesimista,
di: "pasa moitas noites fóra". Recólleo con cariño
especial, porque é o recurso de facenda doméstica, xa polo gran que
se garda na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a
chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da porca. 0
paisano tenlle máis le¡ ao centeo que ao millo. Antes vivía de
pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos
chans graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis
tarde, e a vida só va¡ ben na horta do curo ou nos abrigos do pazo.
0 millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu
pompón dominador e a súa exaltación sexual, contrasta coa
castidade e modestia do centeo. É o presente das Américas ás
terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario
asolagado nas augas de Vigo.
0 labrego do pan e do viño son
moi diferentes; a agricultura das cepas require unha coñecencia
fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica
oportunistas: ao contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis
invariables.
(R.
Otero Pedrayo, 1947 [La
Noche, 23 XII 1947])
Etiquetas:
literatura galega,
narrativa,
Nós,
Otero Pedrayo
miércoles, 27 de febrero de 2013
O noso "Día de Rosalía" na prensa.
(Diario de Pontevedra, 26/02/13)
E no CASTROVE, voceiro dixital de Poio:
http://ocastrove.org/poio-grande/poio/poio-grande/lembrando-a-rosalia
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
sábado, 23 de febrero de 2013
150 anos de Cantares Gallegos: todos con Rosalía
O noso agradecemento á Concelleirade Cultura, Silvia, á Concelleira de Educación, Alicia, á profesora Mercedes Noya, aos alumnos de 1º de ESO D, a Jenny e a Mar por participar e á profesora Gabriela de los Santos por coordinalos a todos.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
viernes, 22 de febrero de 2013
Cantares fronte á adversidade. Constelación poética nos 150 anos de Cantares gallegos.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
martes, 19 de febrero de 2013
Programa para a celebración dos 150 anos de Cantares gallegos na biblioteca do IES de Poio
O vindeiro venres teremos na biblioteca unha celebración moi especial, os 150 anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro (1863-2013), o primeiro poemario escrito en galego despois do silencio dos Séculos Escuros.
Para lembralo un grupo de alumnos de 1º de ESO D coordinados pola profesora Gabriela de los Santos e un par de alumnas de 2º de bacharelato A, teñen preparado para nós un pequeno festival de poesía e música.
Tamén nos van acompañar nesta festa da poesía as concelleiras de Cultura e Educación e a bibliotecaria da Biblioteca Municipal, todas elas do noso concello de Poio.
Esperamos que todos e todas gocedes desta celebración, seguro que de Rosalía se atopar entre nós recitaría un dos seus poemas na nosa compaña.
Así mesmo ese día publicaremos nos blogs da biblioteca o traballo dixital “Cantares fronte á adversidade. Constelación poética” elaborado para esta data, colaborativamente, polas coordinadoras de biblioteca do IES Ribeira de Louro (Porriño) e a coordinadora da nosa biblioteca.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
domingo, 17 de febrero de 2013
jueves, 14 de febrero de 2013
Desde Roma a Poio con amor.
Narracións colaborativas realizadas polos alumn@s do IES de Poio e do Liceo Machiavelli de Roma para o día de San Valentín.
miércoles, 6 de febrero de 2013
ALFIN: Conferencia de Andrés Dacosta.
“Apuntamentos para a investigación da historia escrita e oral do Concello de Poio”
E se calquera profesor nos pide un traballo ou un proxecto documental sobre calquera aspecto da vida, cultura, historia, arquitectura, costumes, toponimia…. do noso concello; Por donde comezo?????? Nestes tempos dixitais seguramente nos lanzaremos cara o ordenador, a Google… pero non hai máis medios, máis achegados a nós de informarnos????. Sobre isto veunos documentar o historiados Andrés Dacosta Martínez coa súa documentación e coa súa caixa de tesouros.
Para a investigación escrita citounos fontes arquivísticas que temos a man como os arquivos do Concello, do xulgado de paz, os arquivos parroquiais ou o arquivo do mosteiro. Falou tamén de recursos na web como o consellodacultura.org ou do NODO que podemos atopar en rtv.es/filmoteca/no-do.
Para a investigación oral remitiunos á “Cultura da lareira”: escoitar aos nosos maiores que “son enciclopedias vivas”; permitiremos que eles nos transmitan o seu saber, facerlles unha entrevista aínda que recomendounos que sempre debemos contrastar a imformación oral coa escrita.
A Caixa dos tesouros:
Andrés Dacosta sorprendeunos gratamente coa súa caixa dos tesouros, chea de obxectos cotiás que nos poden servir para documentarnos: fotografías ( “unha foto nunha caixa pode ser unha historia”), moedas, álbumes de cromos, o Estatuto de Autonomía do 36, a Constitución da república do 31, necrolóxicas… (“temos que escoitar aos obxectos, que querer saber o que nos rodea, detrás de todas as cousas hai un simbolismo”), ata un xornal chinés que ensinou a Fang para interpretalo.
Entregounos ademais un cuestionario para realizar entrevistas cun listado de temas que poden ser de interés para o noso traballo: Flora, fauna, alimentación,foros, pesca, marisqueo, vivenda, traballo, música e folclore, feiras, escola e xogo e moitos máis indicadores para dirixir as nosas pesquisas e elaborar o noso proxecto documental.
Grazas Andrés pola túa colaboración e pola transmisión da información, por ensinarnos a valorar o que é noso, o que temos ao noso lado: o noso mundo e o noso concello.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)