martes, 12 de noviembre de 2013

LECTURA EN FAMILIA: LIBROS QUE VAN E VEÑEN.

Todos coñecemos a importancia que ten a lectura como formación, como goce, como aprendizaxe... na nosa biblioteca traballamos as lecturas compartidas entre iguais, desde as aulas, desde os clubs de lectura, desde a Hora de Ler, mais sabemos da grande importancia que ten o feito de que as familias compartan esas lecturas; coas Mochilas viaxeiras buscamos desenvolver esa fermosa ligazón que pode supoñer un libro, unha revista, un comic, un disco reunindo a todos os membros da familia ao seu redor.
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas veñen de publicar este programiña para reunir ás familias arredor das lecturas: o como, cando, o porqué de LERMOS XUNTOS":




Este é o enlace que podedes utilizar para descargar o programa de ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS:

https://docs.google.com/viewer?url=http%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.es%2Fbiblioteca%2Fblog%2Ffiles%2Ffolleto_v.0_0.pdf

No hay comentarios: