domingo, 26 de mayo de 2013

Narrar en imaxes: A ESCALEIRA do CEIP A LAMA

Hoxe temos o pracer de presentarvos unha pequena curta moi especial: A Escaleira un pequeno agasallo que nos chega da man dos nosos queridos compañeiros e os seus marabillosos alumnos e alumnas do CEIP A LAMA.
Coma xa nos teñen acostumados estes rapaciños e rapaciñas da Lama nunca deixan de sorprendernos, dirixidos polos seus profesores son pequenos profesionais na creación de personaxes e na posta en escea.
O curso pasado namoreime de "Lulula" ( publicada neste mesmo blog) e este ano do Sr. Bombilla. Ademais a música está interpretada polo pai dun alumno, todo un exemplo de un traballo colaborativo da máis alta calidade.

PARABÉNS desde a biblio de Poio para todos eles, todo o noso agarimo e admiración para estes pequenos artistas:



1 comentario:

Patricia dijo...

Genial y ese gato, se va a convertir en un clásico...