viernes, 28 de octubre de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta mañá acompañados polo bo tempo puidemos sacar a Biblioteca ao xardín para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
Baixo un esplendoroso sol, rodeados de libros e de películas, @s nosas compañeir@s  de 1º de bacharelato, tras un duro esforzo carretando mesas e libros, colocando... ocupáronse do préstamo e realizaron a lectura dos pregóns, esta vez acompañados d@s alumn@s de 1º de ESO B.
Acompañounos na celebración a nosa querida Concelleira de Educación (sempre pronta a traballar con nós) que nos trouxo un agasallo, moi acorde coa data,  no nome do Concello (libros por suposto).
Agradecemos á colaboración da Dirección do noso IES e de todo o profesorado e alumnado que alí estivo con nós.
Gozade do día cun bo libro.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011 on PhotoPeach

No hay comentarios: