jueves, 19 de enero de 2012

VISITA ARCE A POIO (III)


VISITA ARCE A GALICIA
EN EL PAÍS DE ALICIA”
12-13 de XANEIRO 2012

Xoves 12:
O xoves ás 10 da mañá comezamos as nosas actividades sendo recibidos polo Sr. Alcalde de Poio, Don Luciano Sobral que amablemente deu a benvida aos membros do grupo e animounos a gozar da paisaxe e das xentes de Poio.
Ás 10,30 entramos no Mosteiro de Poio e dividímonos en dous grupos, o primeiro grupo dirixiuse á biblioteca e o segundo percorreu o templo, claustros e museos. Dentro da igrexa presentamos aos nosos compañeiros a Santa Trahamunda (imaxe e sarcófago do século IV) relatámoslles a súa lenda explicando por que a palmeira forma parte do escudo da nosa vila.
Na biblioteca, amablemente dirixidos polo ancián pai Jerónimo, puidemos admirar algúns dos marabillosos tesouros bibliográficos que garda esta: un pergamiño en rolo, unha biblia políglota en sete idiomas de 1655-57, un libro de fotografías do cancioneiro da Vaticana, un catecismo en imaxes destinado á cristianización dos indios americanos, etc. Impresionounos o importante número de fondos cos que conta e a dedicación do pai Jerónimo á súa custodia e conservación.
Ás 12, xa camiño do IES, dirixímonos cara á praia de Combarro onde se atopaban traballando As Mariscadoras polo que puidemos explicarlles a gran importancia destas mulleres dentro da economía familiar dos poieses e o papel fundamental que desenvolven como nais e traballadoras.
Chegados ao IES fomos recibidas polo equipo directivo; xa na biblioteca a sra. Concelleira e a sra. Directora dirixiron unhas palabras de benvida e acollida ás compoñentes do grupo, ademais realizouse un intercambio de agasallos.
Despois os membros do grupo realizaron unha sesión de traballo:
- O primeiro punto foi a posta en común sobre as obras lidas no primeiro trimestre: Arrugas de Paco Roca, Tintín e o misterio do unicornio de Hergé, Los juegos del hambre de Suzanne Collins, Males de cabeza de Fran Alonso e Hola o mi amor, yo soy tu lobo de Luís Alberto de Cuenca; realizamos unha pequena valoración destas lecturas.
Acordamos as lecturas para o segundo trimestre: Un ollo de vidro de Castelao, o Clan da loba de Maite Carranza, Isto e Iso de Raúl Vacas.
Programouse o próximo encontro en Barcelona -alumnos e profesores participantes, concreción de datas, hoteis, actividades e visitas, celebración de san Jordi,...- acordouse que Canarias comezase as xestións.
Ademais expúxose a posibilidade de solicitar a renovación do proxecto para os dous próximos cursos, a documentación a entregar coa memoria e as datas de entrega.
16,30 /18,30 PM visita guiada a Combarro (Hórreos e cruceiros). Informousenos da distribución arquitectónica da vila, utilidade dos hórreos e estrutura dos cruceiros.
19 PM charla sobre a historia da cidade de Pontevedra impartida polo profesor Luís López de Guereñu e encontro coa asesora das bibliotecas escolares galegas Pilar Sampedro.

VENRES 13:
9 AM saída cara a Porriño e visita á biblioteca do IES Ribeira de Louro (guiada pola coordinadora da mesma Paz Pereiro). O equipo de ARCE e os dous profesores do CEIP da Lama (gañadores do primeiro premio de Boas Prácticas do MEC, 2011) que nos acompañaron na visita fomos recibidos polo director do centro.
11 AM saída cara a Portugal, visita a dúas bibliotecas en Valença do Miño (a biblioteca Municipal e a biblioteca da Escola Secundária). O recibimento en ambas as bibliotecas foi en grao sumo cordial, no grupo quedamos gratamente sorprendidos pola gran calidade do traballo realizado nestas bibliotecas, pola distribución de espazos, as instalacións, a organización dos fondos e das actividades de fomento da lectura, o plan nacional de lectura, etc.; realizamos preguntas que foron respondidas con moita amabilidade. Facilitóusenos o acceso a todo o material que solicitamos. Concluímos trala visita que as bibliotecas portuguesas son un bo modelo a seguir nas bibliotecas españolas
13,30 PM comida en Valença típica.
16 PM visita á Fortaleza de Valença guiada por Paz Pereiro.
A noticia do noso encontro sae publicada nos diarios locais: O faro de Vigo e o Diario de Pontevedra.

SÁBADO 14:
Nas primeiras horas da mañá visitamos a cidade e achegámonos a librerías especializadas como Librería Paz. Realizamos a posta en común final antes de despedirnos:
Queda pendente a elaboración do marcapáxinas, enviaranse as imaxes ao IES Tamujal que o finalizará.
Falamos dos vos a Barcelona e do seu custo. Canarias encargarase de xestionar o hotel e preguntar polos vos.
Elaborarase un libro virtual cos resultados do proxecto.
Acórdase comunicarse co MEC para preguntar sobre o o formato e puntos de interese da memoria. Acordamos enviar a memoria definitiva de cada centro ao centro coordinador antes do 30 de maio.
Decídese solicitar a renovación do proxecto na modalidade C e en caso de ser concedida rotar a coordinación polo que Galicia sería o próximo centro coordinador.
Actualizar as direccións de e-mail de todos os participantes.
Resumo do encontro, concrétanse os agradecemento que haberá que enviar desde os centros ( bibliotecas, adega, etc..).

DESPEDIDA ata Barcelona.

1 comentario:

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

Menuda vidorra vos dades. Voume a apuntar á biblioteca de contado. Unha aperta.