Este ano celébrase o XX Rallye Matemático sen fronteiras (para alumnos de 3ºESO e 4º ESO) e máis a XIV Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO. Para animar aos rapaces do IES de Poio a participar colgaremos cada semana un problema dos que foron aparecendo nesas probas durante os últimos anos. Os exercicios son de temática variada (álxebra, xeometría, lóxica, probabilidade...) e moitas veces non se parecen en nada ao que facemos na aula, así que olvida os coñecementos matemáticos que teñas. Simplemente, le e pensa.
Problema do Rallye 1:
Farruco e Brais din sempre a verdade, agás o día do seu aniversario , data na que minten. Onte, 5 marzo, preguntóuselles :
«¿Cal é a data do voso aniversario?»
Farruco respondeu : onte.
Brais respondeu: mañá.
Pero hoxe, 6 de marzo, á mesma pregunta cada un deles respondeu o mesmo que onte.
¿Cal é a data de aniversario de cada un?
Problema da Olimpíada 1:
Temos un cuadrilátero cos catro lados distintos. As súas
diagonais son perpendiculares e miden 5 e 8 metros. ¿Canto vale a súa
área?
No hay comentarios:
Publicar un comentario