jueves, 26 de enero de 2012

As matemáticas tamén se falan III

Deixamos aquí os problemas desta semana. Animádevos a participar! 

Problema do Rallye 3:

Arturo, Bernardo e Camila recibiron as súas notas de Matemáticas do diploma do primeiro ciclo de ensino secundario. Estas notas son enteiros distintos entre 0 e 20. Arturo obtivo tres puntos máis que Camila. A suma das tres notas é igual a 38. Bernardo tivo unha puntuación máis baixa que Camila, pero obtivo máis de 10. Determina a puntuación de cada un deles.

Problema da Olimpíada 3:
Na figura aparece unha reprodución do plano dun circuíto  de carreiras de coches. Calcula a lonxitude do circuíto e a superficie ocupada polo céspede.