En 1876 publicou Xulio Verne unha novela sobre a fazaña de Miguel Strogoff percorrendo boa parte de Siberia para dar aviso dunha invasión tártara en Rusia. Os tártaros eran mongoles que se atopaban no centro de Asia. O chamado correo do tsar, Strogoff, viaxou desde Irkutsk, ao suroeste do lago Baikal, en dirección oeste ata Moscova, pasando por Nizhni Udinsk, Kamsk, Krasnoiarsk, Achinsk, Mariinsk, Semilovskoie, Tomsk, Kolivan, Ubinsk, Kamsk (ao norte do lago Chani), Kulikovo (aquí pasando o río Istish, afluente do Obi), Omsk, Kulatsinskoe, Tiunkalinsk, logo pasando o río Ishim en dirección a Ishim, Novo-Zaimskoe, Yalutorowsk (ao norte dunha zona pantanosa), Tiumen, Tuluguinsk, Yekaterimburgo, Perm (a beiras do río Kama, afluente do Volga), Kazan e Nizhni Novgorod (ambas as cidades a beiras do Volga), Wladimir e Moscova.
Primeiro as rexións foron montañosas, tendo que buscar os vales accesibles, logo os terreos cubertos pola taiga, zonas lacustres, xeadas, con vexetación arbustiva nalgunhas zonas, ata atravesar pola parte máis accesible os montes Urales, en Yekaterimburgo, ata alcanzar o val do Kama e logo o do alto Volga. A paisaxe é fantástico, hostil en ocasións, nevado case sempre, salvo no verán, cando as flores de campanillas, os ranúnculos e os pétalos amarelos asoman na gran planicie.

Filípides e Strogoff son personaxes de ficción, pero nos introducen nun mundo de heroes, de patriotas, de grandes percorridos en favor dunha causa, sempre a defensa contra o invasor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario