Veño de ler o artigo "EL MAYOR PROBLEMA DE LA EDUCACIÓN EN ESPAÑA: LA INCLUSIÓN SOCIAL" que José Manuel Pérez Tornero publica no seu blog Pensamiento crítico/Comunicación / Educación e comparto en gran medida as afirmacións que nos achega no mesmo, coma:
O problema máis importante da Educación en España é A INCLUSIÓN SOCIAL.
O 100% dos menores de 16 anos están escolarizados ( aída podería citar varios casos de adolescentes non escolarizados) pero hai un importante porcentaxe de absentismo e moitos deles non titulan na Secundaria Obrigatoria.
O contexto socioeconómico das familias é un factor importante a ter en conta na eficacia do noso sistema educativo.
A partir deste punto desenvolve que a pobreza económica é o principal factor que repercute na pobreza educativa pero desde o meu punto de vista hai factores como "A MARXINALIDADE SOCIAL" que marcan a moitos dos rapaces e rapazas do noso país, da que se fala pero para a que non se buscan solucións.
Os que nos nosos centros temos alumnado con este perfil buscamos como atemperar as consecuencias desta marxinalidade, como sortear as xustificacións ao absentismo e ás actuacións contrarias á convivencia, por parte das familias, e os resultados son mínimos comezando polo fracaso ás nosas solicitudes de recursos humanos e materiais para combater esta eiva na nosa escola.

É labor pois da nosa bibioteca intentar mudar hábitos, conquistalos para que accedan ao espazo desta e que se sintan acollidos no mesmo, xa que doutro xeito non entrarían.
No noso catálogo debemos ter libros, filmes e música adaptados ás súas necesidades e gustos.
Debemos deseñar pequenos proxectos dirixidos a eles, onde se combinen prácticas modeladas tendo en conta o seu perfil, reunilos, lerlles poemas, falar con eles, escoitalos (que aínda que nos sorprenda teñen moito que dicir e precisan da nosa atención e non das nosas sancións).
A biblioteca pode abrirlos a un mundo máis ordenado, onde atopen unha serenidade que non teñen no seu habitat familiar, un mundo sen berros, onde o silencio traia a calma e as súas palmas e os seus cantos permitan que se comuniquen con nós.
E tal vez poida pasar isto, da marxinalidade ao ceo da pintura:
A pintora Lita Cabellut
1 comentario:
Que ben o contades, pero aínda mellor o facedes!
Grazas por estar aí, demostrando no día a día as posibilidades de transformación (por moi pequenas que sexan)
Pilar
Publicar un comentario