Os pasados días 25,26 e 27 asistimos en Madrid ao III Congreso de leer.es; extraemos neste post algunhas das frases dos participantes que nos pareceron moi significativas por crermos que deben ser obxecto de reflexión para todos os docentes:
"Traballemos con cousas simples e saquémoslles o máximo proveito" Jarrko Hautamäki
"Diminúe o pracer da lectura... Como conseguir que os xoves lean por pracer?" Ana Camps
"Permitamos a liberdade á hora de elexir as tarefas, negociemos" Felipe Zayas
"Lemos cuns obxectivos? Producimos algo?. Os novos soportes, as novas prácticas fixeron o labor máis complexo. Hai que crear situacións nas que ler e escribir teña sentido." Pilar Pérez Esteve
"Máis que mirar as imaxes as consumimos, hai que analizalas, interpretalas; a imaxe é un compendio de
elementos que debemos analizar. A imaxe xurde do texto. A imaxe é unha pregunta e o texto é a resposta" Montse Sampietro.
"Os alumnos necesitan entender a natureza das tarefas" Emilio Sánchez Miguel.
Preséntáronnos a Webcast de formación de Leer.es: http://videos.leer.es/
Sempre é unha oportunidade poder escoitar e reflexionar sobre a lectura, interaccionar con persoas doutras comunidades, debater e comentar as ponencias...magnífico colofón final " Saber leer, querer leer: Lectura y medios" de Ignacio Elguero, Ángeles Caso e Luís García Montero; moi interesantes as conversas de "Leer con arte".
No hay comentarios:
Publicar un comentario