domingo, 4 de diciembre de 2011

CAFÉ LITERARIO CON Mª XOSÉ QUEIZÁN

Sempre é un pracer escoitar a Mª Xosé Queizán, xa sexa para falar de literatura, de viaxes ou da situación da muller no panorama literario ou na sociedade.
Quero facer unha pequena recensión da xuntanza que no marco de Culturgal tivemos a sorte de compartir coa escritora, un clásico na literatura galega contemporánea, lembremos que na súa xeración de narradores (Nova narrrativa galega) só estaban presentes dúas mulleres, ela e Xoana Torres, abrindo camiños pois como escritora xa nos anos 60/70.
Aquí vos resumo as súas palabras:
- Sobre o proceso creativo e a situación das mulleres: Todas as miñas obras teñen o seu título antes de comezalos e veñen co xénero debaixo do brazo; previamente fago un traballo de investigación e as novelas son de diferentes temáticas. Quero aprender e divertirme, se teño que investigar pois me encanta, son moi curiosa e viaxo para documentarme (veño de chegar da Terra de Fuego  onde coñezo algo máis sobre a situación da muller: as mulleres crearon a agricultura, os homes cazaban lonxe e daban máis beneficios por iso tiñan máis poder sobre as mulleres, elas traballaron máis ao longo da historia; todo é unha trampa na que as mulleres están metidas, son un produto do feminismo, a nós nos compete ir elaborando a nosa vida. Se non se produce a revolución sexual non se dará a revolución social para as mulleres, nós facemos cos homes un contrato social que está no ámbito privado e a trascendecia só está no mundo público.
- Sobre a literatura: Eu fun lectora e fíxenme escritora, encántame comunicar, escribir, dar clase forma parte de comunicar, a través da escritura quero trascender, saír do privado. Escribir é un gozo, é un pracer enorme, non hai xente que escriba se antes non foi lector. Teño unha vida novelesca, estou empezando a escribir as miñas memorias, teño que facelo, é coma se tivera unha débeda. En canto ás mulleres escritoras na literatura galega actual, ela ve un futuro, a poesía é máis doada non necesita o cuarto de seu de Virginia Woolf, a poesía aínda arrastra esa cousa romántica, o desamor, parece que o amor feliz non ten historia e ela pensa que se pode facer poesía de todo. O seu primeiro libro é do 91, xa era maior e descubriu que se podía facer ensaio coa poesía.

No hay comentarios: