Os pasados 20 e 21 do presente mes, puidemos participar en Madrid no encontro de boas prácticas lectoras organizado polo Ministerio de Educación e o Ministerio de Cultura, "Maneras de leer"; alí nos reunimos os participantes do noso proxecto ARCE, En el país de Alicia, do IES José Zerpa de Gran Canaria e do IES Juán Carlos I de Murcia, tamén nos encontramos con membros das Bibliotecas Escolares Galegas: do CEIP Progreso de Catoira, do Ceip A Lama (gañadores do selo de boas prácticas de Leer.es: http://www.orecantodeleo.org/ ) e do IES de Porriño, e como non coas nosas asesoras Cristina Novoa e Pilar Sampedro, unha marabillosa compañía.
En palabras de Rogelio Blanco que inaugurou o congreso: "Toda democracia está obrigada a defender a cultura, unha sociedade lectora é máis libre e máis democrática, lemos por que ler é a marabillosa condena do ser humano", sentencias nas que deberiamos reflexionar nestes tempos de crise.
A seguir, puidemos escoller entre un importante abano de experiencias lectoras ou relacionadas coa lectura; Querería destacar o proxecto Mandarache de xoves lectores de Cartagena (un proxecto local de formación de lectores que busca crear unha comunidade de lectores voluntarios. prestixiar a lectura como práctica cultural): http://www.premiomandarache.es/.
Destacamos a ponencia de Cristina Novoa que presentou o traballo "Ler en Mancomún", o proxecto de clubs de lectura das Bibliotecas Escolares de Galicia coordinado pola propia Cristina Novoa e Pilar Sampedro. Cristina realizou unha precisa, impecable e completa exposición deste proxecto colaborativo que deixou impresionados a todos os oíntes (eles mesmos o comentaban) e moi orgullosos aos coordinadores galegos que a escoitamos: http://lerenmancomun.blogspot.com/.
Impresionados pola interpretación rapera de textos musicados de Espronceda, Arcipreste de Hita e Calderón de la Barca realizada polo grupo de xoves Los Rapsodas, descansamos ata a seguinte sesión.
Asistimos á exposición do proxecto Astroatocha (Colexio Salesianos) premiado co selo de Leer.es, que nos levou de percorrido astronómico-mitolóxico-artístico da man das audio guías elaboradas polos seus alumnos:http://astroatocha.wikispaces.com/.
O mércores escoitamos unha interesante ponencia de Óscar López ( programa divulgativo sobre lecturas: Página dos da TVE2 http://www.rtve.es/television/pagina2/) e Ignacio Elguero (programa divulgativo sobre lecturas en RNE, La estación azul : http://www.rtve.es/podcast/radio-nacional/la-estacion-azul/): faláronnos de cultura e medios de comunicación, da rendabilidade dos programas culturais para as canles de televisión, do perfil dos seus seguidores e dos contenidos e estrutura dos seus respectivos programas. Destaco as súas palabras: Hai que mostrar a paixón polos libros e pola televisión (Óscar López), Nos medios públicos hai que loitar polo que queremos, Quen le, vive máis. (Ignacio Elguero).
Xa iniciando o remate quero facer referencia ao traballo sobre revista dixital presentado por Lourdes Domenech de Girona "La Puça", un traballo perfectamente organizado e unha pormerorizada exposición sobre o proceso de elaboración en aula dunha revista escolar en formato dixital: http://revistaserrallarga.blogspot.com/.
Despedímonos coa compaña duns libros vivintes que no noso caso nos interpretaron un fragmento de Rayuela de Cortazar ao que os galegos correspondemos cos "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía:
2 comentarios:
Que envidia! Coas gañas que eu tiña de ir...! Encántame a vosa crónica. Grazas por compartir a experiencia.
Excelenta actividade. Felicito ás profesoras que participan e os alumnos (que son tamén meus).
Publicar un comentario