miércoles, 27 de febrero de 2013
O noso "Día de Rosalía" na prensa.
(Diario de Pontevedra, 26/02/13)
E no CASTROVE, voceiro dixital de Poio:
http://ocastrove.org/poio-grande/poio/poio-grande/lembrando-a-rosalia
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
sábado, 23 de febrero de 2013
150 anos de Cantares Gallegos: todos con Rosalía
O noso agradecemento á Concelleirade Cultura, Silvia, á Concelleira de Educación, Alicia, á profesora Mercedes Noya, aos alumnos de 1º de ESO D, a Jenny e a Mar por participar e á profesora Gabriela de los Santos por coordinalos a todos.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
viernes, 22 de febrero de 2013
Cantares fronte á adversidade. Constelación poética nos 150 anos de Cantares gallegos.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
martes, 19 de febrero de 2013
Programa para a celebración dos 150 anos de Cantares gallegos na biblioteca do IES de Poio
O vindeiro venres teremos na biblioteca unha celebración moi especial, os 150 anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro (1863-2013), o primeiro poemario escrito en galego despois do silencio dos Séculos Escuros.
Para lembralo un grupo de alumnos de 1º de ESO D coordinados pola profesora Gabriela de los Santos e un par de alumnas de 2º de bacharelato A, teñen preparado para nós un pequeno festival de poesía e música.
Tamén nos van acompañar nesta festa da poesía as concelleiras de Cultura e Educación e a bibliotecaria da Biblioteca Municipal, todas elas do noso concello de Poio.
Esperamos que todos e todas gocedes desta celebración, seguro que de Rosalía se atopar entre nós recitaría un dos seus poemas na nosa compaña.
Así mesmo ese día publicaremos nos blogs da biblioteca o traballo dixital “Cantares fronte á adversidade. Constelación poética” elaborado para esta data, colaborativamente, polas coordinadoras de biblioteca do IES Ribeira de Louro (Porriño) e a coordinadora da nosa biblioteca.
Etiquetas:
Cantares gallegos,
Dia de Rosalía,
poesia galega
domingo, 17 de febrero de 2013
jueves, 14 de febrero de 2013
Desde Roma a Poio con amor.
Narracións colaborativas realizadas polos alumn@s do IES de Poio e do Liceo Machiavelli de Roma para o día de San Valentín.
miércoles, 6 de febrero de 2013
ALFIN: Conferencia de Andrés Dacosta.
“Apuntamentos para a investigación da historia escrita e oral do Concello de Poio”
E se calquera profesor nos pide un traballo ou un proxecto documental sobre calquera aspecto da vida, cultura, historia, arquitectura, costumes, toponimia…. do noso concello; Por donde comezo?????? Nestes tempos dixitais seguramente nos lanzaremos cara o ordenador, a Google… pero non hai máis medios, máis achegados a nós de informarnos????. Sobre isto veunos documentar o historiados Andrés Dacosta Martínez coa súa documentación e coa súa caixa de tesouros.
Para a investigación escrita citounos fontes arquivísticas que temos a man como os arquivos do Concello, do xulgado de paz, os arquivos parroquiais ou o arquivo do mosteiro. Falou tamén de recursos na web como o consellodacultura.org ou do NODO que podemos atopar en rtv.es/filmoteca/no-do.
Para a investigación oral remitiunos á “Cultura da lareira”: escoitar aos nosos maiores que “son enciclopedias vivas”; permitiremos que eles nos transmitan o seu saber, facerlles unha entrevista aínda que recomendounos que sempre debemos contrastar a imformación oral coa escrita.
A Caixa dos tesouros:
Andrés Dacosta sorprendeunos gratamente coa súa caixa dos tesouros, chea de obxectos cotiás que nos poden servir para documentarnos: fotografías ( “unha foto nunha caixa pode ser unha historia”), moedas, álbumes de cromos, o Estatuto de Autonomía do 36, a Constitución da república do 31, necrolóxicas… (“temos que escoitar aos obxectos, que querer saber o que nos rodea, detrás de todas as cousas hai un simbolismo”), ata un xornal chinés que ensinou a Fang para interpretalo.
Entregounos ademais un cuestionario para realizar entrevistas cun listado de temas que poden ser de interés para o noso traballo: Flora, fauna, alimentación,foros, pesca, marisqueo, vivenda, traballo, música e folclore, feiras, escola e xogo e moitos máis indicadores para dirixir as nosas pesquisas e elaborar o noso proxecto documental.
Grazas Andrés pola túa colaboración e pola transmisión da información, por ensinarnos a valorar o que é noso, o que temos ao noso lado: o noso mundo e o noso concello.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)