viernes, 9 de marzo de 2012

8 DE MARZO: RADIO PATIO TEN NOME DE MULLER

Radio Patio e a biblioteca do IES de Poio impregnáronse estes dous días cos aromas, co sabor á muller: os nomes, ás cancións, os poemas, as curtametraxes.
DOINA e JULIA  acompañáronnos o xoves da man de Jessica e Cheyennene (1º bacharelato A) nas proxeccións na biblioteca; o venres en "Radio Patio ten nome de muller" contamos con " Te recuerdo AMANDA", "ALFONSINA y el mar", "Mrs. Robinson" "Cecilia" e máis... no fondo musical, acompañando a Noemi, Laura, Lucía, Dunia, Laura, Sara, Silvia, Gabriela, Tania, Lorena (2º ESO A) e catro estupendos chicos comprometidos:  Rubén, José Mª, José Antonio e Alexandre (2º ESO A) que leron textos reivindicativos de: a ONU, o STEGA,  poemas de ROSALÏA, para Rosalía (de Ramón Cabanillas) e de MORAIMA (Celso Emilo Ferreiro).  
Cos profesores Carlos Núñez e Paco García no equipo técnico, José Manuel Moya ao vídeo e Anxos Rial na selección de textos e dirección do alumnado, todos eles da man polas mulleres no  8 de Marzo.

                      AQUÍ TEDES O PODCAST DO PROGRAMA:




        
e os vídeos da celebración:

3 comentarios:

L. de Guereñu Polán dijo...

Parécreme moi ben que o día internacional da muller traballadora (que me gusta máis que o día da muller) non pase desapercibido para os nosos alumnos. José María, como de costume, non sabe cando lle toca a el empezar. "En igualdade, ningún paso atrás", dí Alex Rodiño. Tampouco debera el dar pasos atras nos estudos, pero en fin... é bo rapaz. Dunia non da golpe, pero le o poema con moita personalidade. Unha aperta a todos.

María dijo...

Unha vez máis, felicidades a todos. A Anxos polo traballo de coordinación, a Carlos, a Paco, a José Manuel, a tódolos rapaces. Moitas grazas polo traballo feito e moitas felicidades polo ben que saiu todo.
María.

L. de Guereñu Polán dijo...

A ver que te parece esta frase para conmemorar as dez mil visitas que tivo o blog: "DEZ MIL AGRADECEMENTOS", e logo os contidos nos que xa pensaremos uns e outros. Luis.