O pasado día 16 de maio as linguas de Europa (inglés, español, latín, grego, francés... e por suposto galego) tomáronse da man para homenaxear ás LETRAS GALEGAS e ao noso escritor LOIS PEREIRO.
Alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato, profesores de todos os Departamentos Didácticos, coordinados todos eles polo profesor Xosé Muíños colaboraron para realizar unha sonora e lírica celebración.
Entre as follas das árbores penduraban, cal elementos da natureza, os poemas visuais creados para a ocasión polos chicos de 1º e 2º de ESO; O recitado de textos estivo apoiado por cancións moi ao sabor de Lois Pereiro.
Unha fermosa tarde chea de luces, cores e palabras dos nosos poetas da cal aquí vos deixamos testemuño; Felicitacións para todos.
2 comentarios:
Quedó francamente bien. Gracias a todos los que participaron y, sobre todo,a Xosé por organizarlo.¡¡¡Y que viva la poesía!!! Geles.
Eu tamén quero sumarme ás felicitacións de Geles para Xosé, guayyyyyy que dirían os chicos.
Anxos.
Publicar un comentario