jueves, 30 de diciembre de 2010
O NADAL DIXITAL
domingo, 19 de diciembre de 2010
SER PROFESSOR
viernes, 10 de diciembre de 2010
O CROMOSOMA DOS DEREITOS HUMANOS de FRAN ALONSO

miércoles, 8 de diciembre de 2010
Reflexións sobre os datos PISA 2009, Bibliotecas Escolares e Ensino.
domingo, 5 de diciembre de 2010
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
miércoles, 1 de diciembre de 2010
Premiado o ourensán David Rubín na categoría de "mellor obra estranxeira" na República Checa
Se David Rubín xa levara no 2006 o gran galardón do Salón do Cómic de Barcelona pola súa obra “La tetería del oso malayo”, e no primeiro trimestre deste ano o premio ao “mellor autor completo” no festival Fullcómics en Sarzana (Italia), agora acaba de recibir o premio á “mellor obra estranxeira” na Repúbica Checa, en concreto, no Komiksfest de Praga. Parabéns David! Estamos moi contentos e pensamos que o mereces moito!
sábado, 20 de noviembre de 2010
THE SHELTER EFFECT : Para reflexionar
Imaxina.....Ang y Chan viven cos seus dous fillos, nun refuxio de bambú, eles son pobres.....pero autosuficientes......Eles pescan....cultivan arroz e crían aves de corral.... Cada ano as choivas veñen....a casa anégase....... durante unha semana enteira durmiron baixo teito..... eles gastan un 10% dos seus ingresos anuais.....para reparar e limpar o chan.... Pero un ano, as inundacións viñeron dúas veces.....
martes, 16 de noviembre de 2010
O SAMAÍN: Os contos do mestre CARLOS
domingo, 14 de noviembre de 2010
domingo, 31 de octubre de 2010
sábado, 30 de octubre de 2010
martes, 12 de octubre de 2010
A importancia do uso RESPONSABLE da AUGA
lunes, 11 de octubre de 2010
IMOS LER: RECKLESS
martes, 21 de septiembre de 2010
Ás de bolboreta: 3.4. TEST DE MEMORIA LECTORA
lunes, 13 de septiembre de 2010
GÚSTAME LER
viernes, 18 de junio de 2010
Deixounos José Saramago
sábado, 12 de junio de 2010
PREMIOS DO CONCURSO PALABRAS E CORES
viernes, 4 de junio de 2010
PALABRAS E CORES: MARCALIBROS DE 1º E 3º DE ESO
jueves, 27 de mayo de 2010
APRENDER A APRENDER
- Primeiro mandamento. A motivación é a enerxía da aprendizaxe (para aprender hai que querer aprender, as persoas só queren aprender o que lles interesa; en xeral, cando un rapaz entra en clase desconéctase por que só está interesado en aprender o que necesita para conseguir o que lle interesa, ou cando o que sabe xa non é suficiente.) A escola e a universidade deben deseñar curriculums pensados nos obxectivos dos seus clientes; na educación non é abondo con saber o qué, hai que entender o por qué.
- Segundo mandamento: As persoas aprenden facendo e non escoitando ou lendo... canto máis fala o profesor menos aprenden os seus alumnos... se o teu plantexamento considera o que necesitan facer os alumnos terá que ver con actividades e tarefas.
- Terceiro mandamento: O erro é o elemento esencial para a aprendizaxe... cando se produce o erro de maneira inconsciente e inevitable, facémonos preguntas para saber que acontece, porqué e como podemos resolvelo. hai que deseñar programas de aprendizaxe que provoquen o erro coa fin de detonar o proceso de reflexión que conduce á aprendizaxe.
- Cuarto mandamento: Non hai habilidade máis importante que aprender (O que somos depende do coñecemento que temos, se non aprendes morres e para aprender son moi importantes as preguntas que te fas. A escola está chea de preguntas que non te fas). Unha das principais funcións da escola e dos profesores é transmitir aos alumnos a paixón por aprender.
- Quinto mandamento: Engadir tecnoloxía a un modelo que non funciona non só non o mellora senón que o empeora. Hoxe é imposible traballar sen o apoio da tecnoloxía e vai resultar imposible aprender sen a súa axuda ( Un profesor con 30 alumnos con ordenadores ten que cambiar o paradigma e dar aos seus alumnos cousas que practicar e non cousas que saber). A crise da educación é un espello da crise do modelo de sociedade; os seres humanos non fomos moi afortunados á hora de deseñar procesos educativos masivos.
viernes, 14 de mayo de 2010
LETRAS GALEGAS 2010
domingo, 9 de mayo de 2010
FOLLARASCA DE UXÍO NONONEYRA
jueves, 29 de abril de 2010
UN LIBRO, UN CARAVEL
jueves, 22 de abril de 2010
DÍA DO LIBRO
domingo, 18 de abril de 2010
O ROTEIRO DA PRAIA DOS AFOGADOS
O tempo acompañounos regalándonos un fermoso día de primavera; chegados a Panxón fomos recibidos polos amables representantes da Editorial Galaxia (Fernando e Iolanda), entidade organizadora do roteiro, e tivemos o encontro co escritor Domingo Villar que nos contou a súa traxectoria ata chegar a ser escritor(" Sempre quixen escribir, sempre fun contador de cousas... as miñas novelas son contos de amor a unha terra, disfrazados de novela negra").
Dalí nos diriximos a Monteferro onde nos esperaba o noso experto en toponimiaXosé Lois Villar, despois dunha curta pero agreste camiñada polo monte, coas illas Cies como marco, falounos da toponimia da novela, de como os mariñeiros se orientan no mar, de como botan as nasas e como as recuperan sempre arredor da trama da novela.
De volta en Panxón, recibiunos a actriz Ana Carreira que dirixiu os nosos pasos polo pobo e pola novela: a praia dos afogados, a igrexa votiva de don Xosé, e moita imaxinación, posta en escea impecable...
Ás dúas, o xantar e moita praia, despois da mañá literaria era de merecer, e moitas novas: Domingo Villar está preparando a terceira entrega do inspector Leo Caldas e xa hai productora de cine para o filme de A praia dos afogados... as nosas cábalas: o actor Luís Tosar sería ideal para encarnar a Leo Caldas, non si????????
lunes, 12 de abril de 2010
Fran Alonso no IES de POIO, celebración do Día do libro infantil e xuvenil.
viernes, 9 de abril de 2010
PROGRAMA do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

martes, 6 de abril de 2010
COPIAR, PEGAR E PODER MODIFICAR: A ARTE DO HIP-HOP
domingo, 28 de marzo de 2010
Un encontro de mulleres para salvar ás mulleres: Valencia 2010, Encontro de mulleres por un mundo mellor España-África
(Fontes: EL País, 28/3/10; adn.es ( http://www.adn.es/printVersion/ADNNWS20100328_0576/31); V encuentro España África ( http://www.xn--africanasyespaolas-00b.es/).
miércoles, 24 de marzo de 2010
Celebración de UXÍO NOVONEYRA : "Os eidos" quinta esencia da natureza e da comunión do home coa natureza e coa patria. (Xosé L. Méndez Ferrín)
Hoxe tivo lugar en Pontevedra o acto "Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999)", presentou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística que informou sobre o contido do caderno Ramón Piñeiro nº XIV, ao que se referiu como "libro fermosamente traballado que lle encantaría ver a Uxío Novoneyra".
A seguir tomou a palabra Herminio Barreiro que citou: "se Deus falase galego sería coa voz de Uxío Novoneyra", " con Uxío pódeme o personaxe, a súa capacidade de ensoñación, lírico, épico..." .
Daniel Pino afirmou coñecer a voz antes cá persoa, "Uxío fíxome amar e ensinar a poesía desde unha perspectiva de voar alto e pisar a terra, e que o meu idioma era a lingua que agora alguén segue a terlle medo (...) Saúde onde esteas, amigo. "
Luís Cochón continuou citando ao poeta: "En poesía non debe haber palabras sobrantes".
Xosé Luís Méndez Ferrín realizou unha fermosa viaxe pola poesía de Novoneyra: " O preludio desde a poesía á soidade do individuo, as palabras que parten do corazón que se sinte individual e único no mundo". Na traxectoria do vate destaca os anos 50 cando Uxío decide que os poetas galegos debían ter un nome unido ao lugar de procedencia (e só o fai Avilés de Taramancos), do 57 son os textos oratorios.
En Madrid - continúa Ferrín- Novoneyra abrése a outra dimensión poética, o ton elexíaco, dramático da súa poesía, a dimensión política e revolucionaria: o poeta é revolucionario dentro da revolución e revolucionario na poesía ( Vietnam canto: os imperios poden ser vencidos e humillados polos pobos).
Nos 60, A letanía de Galiza e finalmente a retirada ao Caurel, a última xeira, insiste na caligrafía e nos aspectos plásticos.
Remata Ferrín a súa especial homenaxe a Novoneyra dicindo que foi excluído da Academia Galega coma outros grandes poetas (Celso Emilio Ferreiro por exemplo) pero afirma que iso non volverá acontecer.
sábado, 20 de marzo de 2010
Picasso e Celso Emilio Ferreiro: A simbiose da arte (pintura e poema)
II
De súpeto, nos límites lonxanos do horizonte
fitou o resprandor dunha cidá en chamas
semellante a un remoto mencer amarelo.
De enriba baixou un rumor de treboada,un xordo bruído de río enrabexado,
coma un rouco balbordo cubrindo a paisaxe.
Oubeou un can nos arrabaldos,e comenzaron os lóstregos.
O fume,coma unha palmeira xigantesca
abriu os seus brazos ardentes
i esparexeu pola bóveda celeste
un escuro anuncio de morte.Asubíos e lóstregos.
Os paxaros da tarde
caíron mortos cal follas de outono.
A sireia da fábrica ergueu o seu chifro
fendendo en dous anacos o día tépedo,
o día húmido e íntimo con sabor de beixo.
Lóstregos.
(Alcendeuse a bombilla).
Unhas maus deformes afirmaron os cotobelos
no aire estremecidoe un retablo de caras esmaceladas,
mirando para o cumio, increparon aos dioses.
Queimada carne, pernas, pés, ferraduras...
Un touro axexante, coma un Minotauro perdido
nun laberinto de brazos, rostros, pernas, seos tumefactos,
muxía longamente.
(Apagouse a bombilla).
Un cincel rotoprocramou a súa protesta.
Un cabalodislocado, desbocado, agallopou frenético
sobre os cascos de pedra e nitroglicerina.Lóstregos.
Fedía a cortello misturado con cloaca e xofre.
(Alcendeuse, apagouse a bombilla).
Viuse e non se viu unha paisaxede brazos, rostros, pernas, dedos,
tellas, seos, portas, aramios...
Lóstregos e os derradeiros estoupidos.
Dempois, nada. Silencio. Un mesto silencio
de noite nevada ou de terra erma.
Xorxe, meu vello amigo:Ti que estás cos que sofren a historia
i en contra dos que a escriben,
¿como fuches parar á tropa?
Soldado de Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro.
domingo, 14 de marzo de 2010
Homenaxe a Agustín Fernández Paz: "O don verdadeiro está nas persoas que fan de intermediarios ao transmitir as historias"
viernes, 12 de marzo de 2010
RES IN PACEM: Homenaxe a Miguel Delibes
miércoles, 10 de marzo de 2010
PENSA ANTES DE PUBLICAR!!!!!!!!! A SEGURIDADE EN INTERNET

jueves, 25 de febrero de 2010
ENSAMBLAXES DE MADEIRA
sábado, 20 de febrero de 2010
ENTROIDO 2010
sábado, 6 de febrero de 2010
viernes, 29 de enero de 2010
As fotos da conferencia de Rosa Aneiros
jueves, 28 de enero de 2010
"As novelas son coma árbores, un tronco inicial e moitas ponlas" ROSA ANEIROS
domingo, 17 de enero de 2010
ROSA ANEIROS visitará o IES de POIO
