viernes, 21 de marzo de 2014

Día da Poesía 2014: Apadriñamentos lectores

Este ano celebramos o noso día da poesía dun xeito ben diferente, quixemos compartilo cos nenos e nenas de Educación Infantil do cole Isidora Riestra; ás dez da mañá, cargadiños cos nosos libros e baixo unha choiva constante abandonamos o noso centro para achegarnos ao cole donde nos esperaban.

Cando entramos na aula de catro anos, atopámonos cunha corentena de ollos que nos miraban con sorpresa e tal vez admiración. Tralas presentacións, cada un de nós colleu da man ao noso afillado ou afillada e uns cara a biblioteca, outros cara a aula de audiovisuais e outros na aula, nerviosos os pequenos e nerviosos os maiores, entramos no mundo máxico da lectura.

Cun libro por medio, cunha historia, cuns versos e sobretodo coas ilustracións fomos collendo confianza, as voces fóronse soltando e os sorrisos afloraron. 

Así durante unha hora que foi pequena, nos espazos voaron animais, personaxes máxicos, paisaxes, versos e letriñas e coas despedidas algúns xa querían vir connosco ao instituto.

Pero mellor falan as imaxes cás palabras:


DÍA DA POESÍA 2014 on PhotoPeach

No hay comentarios: