domingo, 25 de marzo de 2012

RADIO PATIO EN VERSOS

O día 21 celebramos en Radio Patio "O Día da Poesía" e como non podía ser doutro xeito enchemos a hora do recreo de música e poemas: Comezamos o programa cun texto introdutorio da UNESCO onde explicamos por qué o 21 deste mes foi declarado Día da Poesía e cunha pequena referencia centrada na poesía galega e nos nosos poetas.
De seguido foi unha choiva de versos dos clásicos galegos, algúns poemas da literatura española e como colofón  pechamos o programa cunhas fermosísimas liñas líricas de Fernando Pessoa.
Contamos na posta en escea co noso equipo habitual de alumnos de 2º de ESO A e unha nova fichaxe: Manuel de 4º de ESO, os nosos PARABËNS para todos eles.

Neste podcast podedes escoitar o seu programa:


1 comentario:

L. de Guereñu Polán dijo...

Xa escoitei todo. Incluído a Serrat. Felicito a todos os que participaron, mozas, mozos e maiores. Agora gustaríame que traducisen as súas palabras á realidade: menos apostar polos poderosos (Barcelona e Real Madrid) e máis reflexionar sobre o símbolo que tal cuestión representa. Sempre o lado dos humildes, que para eles está feita a poesía, porque para os poderosos están feitas outras cousas, incluída a incuria e a mezquindade. Quen puidera namorar a esta mocidade entudiasta á que non renunciarei nunca...