domingo, 18 de marzo de 2012
200 ANOS DA PEPA
O 19 de marzo, fai douscentos anos, aprobouse a primeira Constitución española, pola que España deixaba de ser un país gobernado por unha familia a estar gobernada polos representantes elixidos. As cousas non foron fáciles. A Constitución etivo só en vigor dous anos, pois o rei Fernando VII, cando regresou de Francia en 1814, impuxo pola forza, de novo, a súa autoridade absoluta. Seis anos despois, tamén por la forza, o rei quedou obrigado a aceptar a Constitución (a "Pepa") pero outra vez pola forza, tres anos despois, o despotismo e o abuso se impuxo en España.
Polo tanto, todo o esforzo para que? Para sementar un graniño que logo daría os seus froitos, aínda que moi paseniñamente. Coa Constitución empezou a liberdade de expresión, a liberdade de prensa, a liberdade para asociarse, para que existisen partidos políticos, para que a xente puidese votar e elixir os seus representantes. España sufríu varias guerras civís dende 1812; moitos réximes políticos; a historia de España (e de Galicia con ela) foi tortuosa e difícil, inxusta para a inmensa maioría, pero hoxe temos un réximen imperfecto aínda que democrático; con moitos defectos pero donde algúns dos dereitos fundamentais son indiscutibles.
Aquela Constitución de 1812 foi a tataraboa da actual Constitución española, que debemos coñecer e á que debemos acudir para defender os nosos dereitos.
Curavacas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Nada direi sobre "a Pepa" porque escribín eu o artigo, pero visito con frecuencia este blog en non vexo cousas novas. ¿Hai vagancia? A ver se poñemos á xente a traballar. Unha aperta agarimosa.
Publicar un comentario