Compartimos con todos e todas vós o son da voz rota de Jacobo e as palmas de Marcos que nos agasallaron na bibliotecas coas súas historias de amor e desamor; versos feitos música:
miércoles, 16 de diciembre de 2015
De amores e desamores adolescentes
lunes, 14 de diciembre de 2015
Explorando na biblioteca: Libros informativos (II)
Esta vez é a Metamorfose de Kafka na sección de Filosofía.
Da man de:
Laura Otero de 1º de bacharelato A:
Da man de:
Laura Otero de 1º de bacharelato A:
domingo, 13 de diciembre de 2015
Explorando na biblioteca: os libros informativos.
COMO FOSILIZAR A TU HAMSTER Y OTROS EXPERIMENTOS ASOMBROSOS PARA CIENTIFICOS DE BUTACA.
Mick O'Hare
Booktrailler de Paula Andrés (1º bacharelato A)
miércoles, 9 de diciembre de 2015
UN NADAL DE LIBROS, 2015
As nosas suxestións lectoras para o Nadal 2015, narrativa, poesía e libros CD:
En vídeo:
En vídeo:
En presentación de diapositivas:
Etiquetas:
recomendacions,
recomendacions de nadal
CAMPAÑA DE NADAL 2015
Etiquetas:
canpaña de nadal 2015,
cestas de Nadal
martes, 8 de diciembre de 2015
Recomendacións lectoras de ÁBUM ILUSTRADO.
jueves, 3 de diciembre de 2015
Xogo de pistas na biblioteca
Despois de varios días de duras tarefas na aula pelexando cos dicionarios, as definicións, a orde alfabética e a organización das bibliotecas, por fin chegou o día de gozar máis que nunca co aprendido.
Os rapaces e rapazas de 1º de ESO C realizaron unha procura de libros a partir dun xogo preparado pola profe de lingua. Ademais de atopar cada un dos libros, tiveron que colocalos de novo no lugar axeitado, e todo antes que os equipos rivais!. Fixérono estupendamente e pasámolo en grande!
Ademais, conseguimos coñecer de primeira man os fondos da biblioteca que nos poden interesar para ler durante as próximas vacacións de Nadal, sacando dos andeis os libros máis apetecibles.
A clasificación xeral foi a seguinte:
1º: Gabriel e Anxo
2º: Aroa e Ángela
3º: Dylan e Julio
4º: Antón e Abraham
5º: Suli e Ainhoa
6º: Lúa e Lisa
7º: Sandra e Lucía
8º: Elisa e Carlota
Etiquetas:
formación de usuarios.,
xogo de pistas
miércoles, 2 de diciembre de 2015
Tamara Andrés gaña o Premio de poesía O Facho 2015.

Parabéns, Tamara.
E en primicia, agasállanos cun poema do seu libro:
A fame dos poetas
O
corpo da meniña deitado na mesa.
Cando
as luvas abrazan as túas mans,
inicias
a intervención.
Limpas
a pel arredor do embigo
e
fas unha incisión á dereita del.
Tiras
da membrana e, pouco a pouco,
vas
descubrindo cada músculo.
Dáslle
a volta
(a cabeza continúa
na mesma posición),
prosegues a túa
tarefa
e logo retiras, un a
un,
todos os músculos.
Levas as mans
ensanguentadas á boca
(bebes,
tamén lambes a
carne),
e cando xa non queda
nada máis que o esqueleto,
limpas ben todos os
ósos,
fonte da medula,
e clavas nun deles a
palla
(bebes,
lambes tamén os
teus propios beizos;
que pouco che gusta
cociñar, pensas).
Arrincas o que queda
da pequena
(as pernas, ben
carnosas,
os brazos, ben
mornos,
a face, ben doce,
ben lene),
e deixas as sobras
na esquina,
a carón da vasoira,
por se a algún dos
teus compañeiros
lle entra a fame.
Etiquetas:
literatura galega,
poesia galega,
Tamara Andres
Suscribirse a:
Entradas (Atom)