Xa vos podedes anotar neste atractivo club de lectura:
miércoles, 30 de septiembre de 2015
viernes, 18 de septiembre de 2015
CURSO 2015/16, NOVIDADES, PREPARÁNDONOS PARA INICIAR UNHA NOVA ANDAINA ENTRE LIBROS.
Ola a todos e todas, alumnos e alumnas do IES de Poio:
Moitos xa sodes vellos coñecidos e outros aínda ides coñecernos; este curso que iniciamos esta semana ten algunhas novidades relacionadas coa biblioteca que agora vos presentamos:
- Para comezar chéganos desde a Asesoría das BIBES galegas un novo cartel que acompañado dun novo lema marcará a liña de traballo para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións" da autoría do ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno.

- Ponse en marcha (coa implantación da LOMCE en 1º de ESO) unha nova materia de Libre Configuración relacionada coa formación en información (ALFIN) e coa biblioteca: INEIN, investigación e tratamento da información que será impartida nos cinco grupos que este ano temos en 1º de ESO.
Preparándonos pois para explorar, investigar e aprender a informarnos...
ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTECA !!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)