viernes, 29 de enero de 2010
As fotos da conferencia de Rosa Aneiros
jueves, 28 de enero de 2010
"As novelas son coma árbores, un tronco inicial e moitas ponlas" ROSA ANEIROS
No día de onte visitounos a escritora ferrolá ROSA ANEIROS, dialogou con nós e contounos moitos detalles sobre como crea as súas historias: "Aprendín do meu padriño" di Rosa, "O máis bonito de literatura é o momento en que alguén me conta o que lle gustou ou non lle gustou do meu libro.".
Deu recomendacións aos alumn@s como "É importante aprender a escoitar e aprenderás a escribir" ou "Non é importante o que contas senón como o contas".
Sobre o proceso de creación de Resistencia dixo: " Todas as historias naceron dun xeito distinto: "Resistencia naceu cando estaba de vacacións en Portugal e visitei o museo de Peniche", " Tiven que documentarme sobre a historia portuguesa" ou "Unha novela non remata nunca cando os autores poñen o punto final, existen milleiros de finais para esta novela".
Sol de Inverno " nace da necesidade de contar Cuba pola memoria do meu padriño, a cidade que viran os exiliados e emigrantes cando chegaron alá"
Ás de bolboreta "nace por contraposición a Sol de Inverno, unha mañá nunha cafetería e os cruces de historias nesa mañá; quería contar que o alleo non sempre é malo, a dor e a alegría dos personaxes. Son historias do xornal e do telexornal de todos os días".
Para a autora o máis bonito da creación é o 1º momento cando unha idea a sobrecolle e o momento de compatir as obras cos lectores; para nós os lectores foi un pracer compartir persoalmente con ela as súas obras: Grazas, Rosa.
domingo, 17 de enero de 2010
ROSA ANEIROS visitará o IES de POIO
O vindeiro mércores, 27 de xaneiro recibiremos no noso centro á escritora Rosa Aneiros:
Rosa Aneiros Díaz (1976) naceu no concello de Valdoviño. Xornalista de profesión, colabora de forma habitual en distintos medios de comunicación impresos e electrónicos, entre eles, culturagalega.org e a Axencia Galega de Noticias.
É autora da novela xuvenil “Eu de maior quero ser” (1999) e do libro de relatos “Corazóns amolecidos en salitre” (2002). Tamén publicou relatos en diversos volumes colectivos: “Narradoras” (Xerais, 2000); “Mini.relatos” (1999), “De soños e memorias” (2003), “Seis narradores ferroláns” (2003), “Narradio. 56 historias no ar” (Xerais, 2003) ou “Sempre mar. cultura contra a burla negra” (2003).
No seu haber conta con recoñecementos como o premio Manuel Lueiro Rey (1996); o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Murguía (2001) ou o Carvalho Calero (2001).
A súa novela “Resistencia” (Xerais, 2002), foi reeditada xa en tres ocasións, ademais de recibir o Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 2003 e ser traducida ao portugués pola editorial Dom Quixote. A súa novela “Veu visitarme o mar” (Xerais 2004) pasou desapercibida malia tratar o tema do Prestige.
Actualmente vén de recibir o Premio Xerais de novela 2009 pola súa obra SOL DE INVERNO, na miña opinión a obra máis madura temática, estética e estilisticamente de Rosa, que nos traslada á época da posguerra, dos campos de refuxiados en Francia e do exilo en CUBA da man de Inverno, a súa sensible e comprometida protagonista.
Tamén acada o premio de narrativa xuvenil de Caixa Galicia pola novela Ás de bolboreta, un fermoso panorama de personaxes que teñen en común estar relacionados cun bar, unha galería que nos achega aos problemas da emigración, da soidade da vellez, da maternidade e a cooperación pacifista, do terrorismo islamista, etc.
Benvida ao IES de POIO, de certo que os nosos alumnos disfrutarán coas túas palabras.
viernes, 11 de diciembre de 2009
NADAL e RECICLAXE
Este Nadal libros e lixo foron da man, non para suxar por suposto, senón para aprender unha lección de RECICLAXE; como podedes ver os adornos da nosa árbore de Nadal estan feitos cos refugos de todas esas bolsas de chuminadas que comemos nos tempos de lecer, coas botellas e latas baleiras, etc.
E os presentes? os presentes coma todos os anos MOITOS, MOITOS LIBROOOSSSSS.
domingo, 29 de noviembre de 2009
DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:
Etiquetas:
valores humanos,
violencia de xénero
domingo, 22 de noviembre de 2009
Practicamos inglés con Sting
O cantante británico Sting vén de publicar o seu último disco adicado ao inverno: If on a winters night; a canción promocional non parece moi acorde coa estación pois ten unha "marchita" que nos invita a danza con certos toques celtas ou irlandeses ( tal vez sexa para entrar en calor).
De agasallo deixounos un vídeo de presentación que nos serve para escoitar a canción principal, ao seu autor e practicar algo de inglés; tamén é unha boa mostra dos instrumentos tradicionais. Quen se atreve??????:
domingo, 15 de noviembre de 2009
LEER.ES: Centro virtual adicado á lectura
Esta fin de semana presentouse en Madrid o CENTRO VIRTUAL LEER.ES novo espazo virtual adicado á lectura e dirixido a estudantes, familias, docentes e poboación en xeral que busca promover a competencia lectora nas aulas. Esta presentación apoiouse cun Congreso Nacional Leer.es no que persoeiros especialistas no mundo da lectura falaron sobre múltiples aspectos da mesma ( Ler para aprender, os plans de lectura, a avaliación da comprensión lectora, as prácticas letradas, ler na era dixital, etc). Dada a calidade dos ponentes e a importancia dos temas resulta dificil escoller entre uns e outros, quedámonos con algunhas palabras, citas que nos parece deben ser motivo de fondas reflexións:
"Ler serve para aprender a ler" , " Non se pode aprender dunha lectura á que non se lle atopa sentido e disfrute" (Liliana Toichimsky)
" Se leo ben, síntome competente en lectura" (Isabel Solé)
" Ler é nadar nos textos, ler é bucear nos textos" (Ángel Sanz)
" Ler é asumir roles, construír identidades", " As prácticas letradas son tarefas sociais nunha práctica social"(Daniel Cassany).
" Debemos establecer uns obxectivos de lectura claros, facer actividades que axuden aos alumnos a ler o hipertexto. Integrar a lectura e a escritura nos novos soportes" (Felipe Zayas).
Recomendamos reflexión e como non, un paseo polo centro virtual.
viernes, 13 de noviembre de 2009
25 De Novembro
Check out this SlideShare Presentation:
25 De Novembro
View more presentations from bibliotecaiespoio.
jueves, 12 de noviembre de 2009
O MES DOS DEFUNTOS: CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O pasado martes acompañounos na biblioteca o noso compañeiro Carlos Nuñez para narrarlle aos alumnos e alumnas de 1º de ESO unha lindas historias relacionadas co SAMAÍN e coa morte.
Contoulles tres historias- a de Manolito Losada e a morte, a de Juanito vai que vés, controlador de sandías, a da silva- e enredadas nelas aproveitou para falarlles de tradicións e costumes: A orixe e o significado do Samaín, as escolas de antes, as arrasadeiras, os alcumes, ir ao facho; misturando fantasía e realidade ao mellor modo cunqueiriano.
Recuperamos así durante unha horas a mellor tradición contística dos galegos e colaboramos para evitar que tan antiga e fermosa tradición non se perda.
Aquí tedes as imaxes:
Etiquetas:
actividades,
contacontos,
tradicións
domingo, 18 de octubre de 2009
NOVAS VOCES NA BIBLIOTECA
Desde a biblioteca están a chamarte novas e misteriosas voces:
* Ahriel, o anxo feminino de ALAS DE FUEGO que debe guiar e protexer a raíña Marla.
* Atsushi-kun, protagonista de BICAME PROFE que está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos.
* Anaíd, a heroína de O CLAN DAS BRUXAS, adolescente que debe confesar que é unha bruxa do clan da Loba para salvar a súa nai.
* Aono Tsokune, personaxe de ROSARIO TO VAMPIRE que vai pasar o verán a unha estraña academia ao lado dun mar vermello.
* As imaxes de VIctoria Frances en FAVOLE, o mundo do vampirismo feminino
* Georgina debe atopar a seu pai, un arqueólogo perdido en México en LAS HIJAS DE LAS TORMENTAS.
* E como non, as aventuras de Bella e Edward en AMANECER, ECLIPSE, LUNA NUEVA, CRÉPUSCULO, o pack completo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)