Mostrando entradas con la etiqueta haikus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta haikus. Mostrar todas las entradas
jueves, 17 de abril de 2014
HAIKUS no Día da poesía
lunes, 21 de marzo de 2011
A NOSA PEQUENA HOMENAXE AO POBO XAPONÉS NO DÍA DA POESÍA.
"... Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, no IES de POIO e en Radio Patio queremos solidarizarnos co pobo xaponés e a través dos seus poemas, HAIKUS, facerlles unha pequena homenaxe..."
Así comezaba a retransmisión de Radio Patio esta mañá no tempo de lecer; música e haikus desde o rural de Galicia ata as lonxanas terras do Xapón en sinal de confraternización; compatimos as súas dores e combatémolas con poemas.
Tamén se quixeron unir ás nosas palabras escritores galegos que nos enviaron polas ondas dixitais os seus haikus:
"Hoxe poalla.
Eu estou aparvado.
Foxen os ratos. " FRAN ALONSO
"O vento pasa
e pousa nos teus labios
bágoas de mar." MANUEL PORTAS
... E doutros mares como o Mediterráneo, en noite de Fallas:
"Llega furiosa
entre fuego y pólvora
la primavera." FELIPE ZAYAS
E doutras bibliotecas coma a do Río Cabe en Monforte enlazamos este fermoso Gloster:
Etiquetas:
día da poesía,
haikus,
literatura xaponesa
sábado, 19 de marzo de 2011
DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 de marzo 2011
O 21 de marzo é o día que a UNESCO declarou como o Día Mundial da Poesía: "De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover a ensinanza da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demáis manifestacións artísticas, coma o teatro, a danza, a música, a pintura..."
Vén crear HAIKUS con nós... a nosa pequena homenaxe co pobo xaponés...
Etiquetas:
actividades,
día da poesía,
haikus,
literatura xaponesa,
poesía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
