domingo, 27 de mayo de 2012

O tendal da vella Lulula. CEIP A LAMA

Os nosos queridos amigos do Ceip A Lama, non poden parar quedos: Leo (a súa mascota), eles e os seus rapaces de infantil sempre andan argallar unha nova historia para facernos gozar e roubarnos un gran sorriso.
Nesta ocasión e co gallo do concurso "Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral de Política Lingüística crearon esta fermosa curta de animación arredor da historia da vella Lulula e o seu tendal; unha marabillosa obra de arte en miniatura:

 OHHHHHHH! quedamos abraiados co traballo destes pequechiños da Lama e os seus coordinadores, os nosos parabéns a todos eles.

E agora a gozar do seu visionado:

lunes, 21 de mayo de 2012

VISITAMOS LEÓN

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participamos nunha saída didáctica á cidade de León e ás covas de Valporquero organizada polo departamento de Ciencias Sociais.
Ademais das fermosas covas, na histórica cidade de León visitamos a Catedral especialísimo lugar donde o profesor Luís Lope de Guereñu nos impartiu unha práctica clase sobre a arte gótica, a transición do románico da nosa catedral de Santiago ao gótico da catedral de León.
Estivemos tamén no Hostal de San Marcos e no Museo de Arte Contemporánea.


VIAXE A LEÓN on PhotoPeach

martes, 15 de mayo de 2012

OS TRASNOS DOS LIBROS entrevistan ao escritor XESÚS CONTELA pola publicación de 15.724

O escritor Xesús Constela tivo a amabilidade de conceder aos Trasnos dos libros, unha entrevista  en PRIMICIA trala publicación da súa última obra: 15.724. Foron as primeiras persoas coas que falou do seu libro nun ameno faladoiro. Graciñas Xesús.
Podedes escoitalos na seguinte publicación onde están os vídeos correspondentes á dita entrevista:



miércoles, 9 de mayo de 2012

15.724, Nova novela de Xesús Constela

Mañá teremos a grande sorte de contar na nosa biblioteca co escritor Xesús Constela que nos presentará a súa última novela, 15.724.

Farémoslle preguntas sobre a súa nova obra, da que de momento só el conta cun exemplar, e gozaremos da súa amabilidade e simpatía; creo que tamén nos lerá  EN PRIMICIA,  un pequeno fragmento.
Desde aquí adiantamos a información da contraportada sobre o libro e vos convidamos a ler a recensión da conversa que celebraremos mañá.
Esperámolo con impaciencia....

15.724, a miña nova novela, segundo consta na contraportada ,trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira". 
O argumento amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.
En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.
A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.
Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?

E que teremos algo dese REALISMO MÁXICO que xa apuntaba en As humanas proporcións?????????

Boa sorte coa nova publicación, Xesús.




jueves, 3 de mayo de 2012

DIA DA TERRA: 17ª FIRA PER LA TERRA

O pasado 22 de abril, celebrouse o Día da Terra e nós acudimos en Barcelona á convocatoria de Greenpeace en contra da deforestación do Brasil: SALVA A AMAZONIA.
Quixemos poñer o noso diminuto gran de area nesta reunión mundial na defensa da Terra; no passeig Lluis Companys había un Mercat de la Terra e alí nos achegamos: Reunímonos con árbores vivintes, regaláronnos unha caroutas verdes e bailamos o Samba polo Brasil ao ritmos dos tambores. Bo ambiente, alegría e moita xente nova concienciada co medio ambiente (coma os cantantes que suministraban enerxía aos seus amplificadores e altofalantes pedaleando nunha bicicleta).

DIA DE LA TERRA, San Jordi 2012 on PhotoPeach

miércoles, 2 de mayo de 2012

Intercambio de Proxectos ARCE de lectura

Reproducimos a entrada do blog do IES Sanxenxo cos que compartimos o encontro de San Jordi:

Os seis institutos que levamos traballando no proxecto ARCE "En la órbita de los libros" durante estes dous anos (IES Joseph Sureda i Blanes (Palma de Mallorca), IES Lluís Companys (Barcelona), IES Mediterráneo (Murcia), IES Miguel Durán (Badajoz), IES Sanxenxo (Pontevedra), IES Torre Atalaya (Málaga)) vimos de xuntarnos en Barcelona co motivo do Sant Jordi. As nosas compañeiras de Ripollet foron as nosas anfitrionas por unha cidade repleta de libros e de rosas. Alí tamén nos atopamos con outros institutos do proxecto ARCE " En el país de Alicia"como o IES de Poio, ou o IES Juán Carlos I de Murcia con quen compartimos algunhas actividades comúns como a asistencia ao teatro da obra dirixida por Tricicle: Forever Young.

Intercambio institutos proxecto ARCE on PhotoPeach