Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de julio de 2016

En homenaxe: Agustín Fernández Paz.

No día de hoxe a Literatura galega en xeral e a Literatura galega infantil e xuvenil galega perden ao seu máis especial representante: Abandonounos Agustín Fernández Paz.

Agustín que nos acompañou coas súas fermosas palabras nas aulas, nos clubs de lectura, nas xornadas... eterno será por sempre o seu legado pois queda entre nós coma un fermoso presente que das súas mans recibimos e comprometémonos a conservar e difundir entre os nenos e nenas galegos.

Recollemos a herdanza do seu compromiso coa terra, coa lingua e coa cultura do país, grande entre os grandes da nosa literatura gardaremos os mellores momentos que puidemos compartir con el.



Agustín Fernández Paz nos Clubs de Lectura do IES de Poio:

http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com.es/search/label/Agust%C3%ADn%20Fern%C3%A1ndez%20Paz


e no blog da nosa biblioteca:

http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/search/label/Agust%C3%ADn%20Fern%C3%A1ndez%20Paz


E unha curtametraxe sobre unha escena de Fatasmas de luz:

http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/2013/04/fantasmas-de-luz-unha-curtametraxe-en.html


Que a terra lle sexa leve.


sábado, 13 de abril de 2013

FANTASMAS DE LUZ: Unha curtametraxe en homenaxe a Agustín Fernández Paz.

Rematada a lectura da novela de Agustín Fernández Paz Fantasmas de luz, as alumnas de 3º de ESO B: Claudia Calvo, Nerea Moldes e Paula Domínguez seleccionaron unha escena da obra e realizaron unha pequena curtametraxe.

Esta curta gravada con poucos medios pero con moita ilusión quere ser a súa pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz en agradecemento pola mensaxe de ánimo que el lles enviou previamente a lectura da novela: http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com.es/search/label/Agust%C3%ADn%20Fern%C3%A1ndez%20Paz

O vídeo está documentado cunha pequena ficha técnica sobre a preparación do mesmo e a súa gravación e realización que podedes consultar nesta entrada. Un traballo penso que excelente destas alumnas de 3º de ESO.







jueves, 17 de enero de 2013

Os mellores do ano 2012. "Fervenzas literarias"

O blog "Fervenzas literarias" vén de publicar os resultados da enquisa que realiza cada ano sobre os mellores libros, obras, editoriais, feitos do ano 2012:

http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-libros-do-2012.html

Neste enlace podedes consultar os resultados e comprobar que na súa maior parte, os escollidos, forman parte dos fondos da nosa biblioteca.

Parabéns a todos eles e en especial por suposto ao noso compañeiro Xesús Constela coa obra 15724, que tan ben se porta coa nosa biblioteca e cos nosos alumnos e do que xa fixemos a presentación do libro.

Tambén queremos felicitar a:

  • Marcos Calveiro - mellor libro de literatura xuvenil-  e co cal tivemos o noso encontro lector en Culturgal .
  • Agustín Fernández Paz (mellor escritor galego do 2012) que nos atendeu nas Xornades de Lingua e literatura e amablemente (é de seu) gravou unha mensaxe para os nosos chicos e chicas.
  • Pedro Feijoo, que tamén nos recibiu en Culturgal  e autor de "Os fillos do mar" que estamos lendo no club de 3º de ESO 1.
  • Á nosa encantadora Ledicia Costas nos falou de poesía nas Xornadas e encheunos o corazón de inverno e nostalxia.
  • A Begoña Caamaño que nos deleitou recuperando a Felipe de Amancia e ao noso Merlín.
  • A Fran Alonso que  nos escoitou sempre.
Parabéns a todos eles e elas.


domingo, 14 de marzo de 2010

Homenaxe a Agustín Fernández Paz: "O don verdadeiro está nas persoas que fan de intermediarios ao transmitir as historias"

O pasado sábado tivemos o privilexio de asistir á homenaxe que, no marco do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, se lle adicou ao escritor Agustín Fernández Paz. Resultou un acto moi emotivo, para o autor e para os asistentes.
O seu amigo e escritor Xabier Docampo regalouno cun tenro discurso xogando coas letras do alfabeto: A de amor, B de buxo, C de canto (avance estilístico do relato e que ti sexas o cantor), D de dar (por darnos unha obra literaria e pola túa entrega á literatura), E de estrelecido (a túa obra é luz para o camiño da vida), H de honradez (a túa obra é un labor honrado), I de irmao dito á chairega, L de lembranzas (a literatura trata da longa memoria de todos nós), Q de queiroga ( ofrézoche unha flor da carqueixa en imaxe), R de Raquel (seis personaxes da túa obra), V de Valente polo escritor ourensan.
Respostoulle Agustín con palabras de José A. Valente "o que dá a palabra dá un don", agradeceu a compañía dos presentes e dixo sentirse moi afortunado. Indicou que cada inverno en Pontevedra florecen os libros no Salón do libro e facendo referencia ao tema central do salón concretou: "as cidades son o ámbito para que florezan a liberdade e a solidariedade.
A seguir contounos que os seus libros son resultado dun traballo teimudo e obsesivo, "pasei unha boa parte da miña vida contando historias, as nosas historias creadas cos fíos da vida e a miña vida está nas historias"
Concluíu dicindo que " O don vedadeiro está nas persoas que fan de intermediarios ao transmitir as historias: bibliotecarios, editores, libreiros, pais e nais.".
Pechou o acto a concelleira de Cultura de Pontevedra facendo referencia ao importante número de visitantes do salón nesta edición, agradecendo a colaboración de todos os que axudaron a que fora posible e facendo unha referencia aos malos tempos que sopran para o galego coa presentación ese mesmo día do Decreto do galego.