domingo, 29 de noviembre de 2009

DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:

domingo, 22 de noviembre de 2009

Practicamos inglés con Sting

O cantante británico Sting vén de publicar o seu último disco adicado ao inverno: If on a winters night; a canción promocional non parece moi acorde coa estación pois ten unha "marchita" que nos invita a danza con certos toques celtas ou irlandeses ( tal vez sexa para entrar en calor). De agasallo deixounos un vídeo de presentación que nos serve para escoitar a canción principal, ao seu autor e practicar algo de inglés; tamén é unha boa mostra dos instrumentos tradicionais. Quen se atreve??????:

domingo, 15 de noviembre de 2009

LEER.ES: Centro virtual adicado á lectura

Esta fin de semana presentouse en Madrid o CENTRO VIRTUAL LEER.ES novo espazo virtual adicado á lectura e dirixido a estudantes, familias, docentes e poboación en xeral que busca promover a competencia lectora nas aulas. Esta presentación apoiouse cun Congreso Nacional Leer.es no que persoeiros especialistas no mundo da lectura falaron sobre múltiples aspectos da mesma ( Ler para aprender, os plans de lectura, a avaliación da comprensión lectora, as prácticas letradas, ler na era dixital, etc). Dada a calidade dos ponentes e a importancia dos temas resulta dificil escoller entre uns e outros, quedámonos con algunhas palabras, citas que nos parece deben ser motivo de fondas reflexións:
"Ler serve para aprender a ler" , " Non se pode aprender dunha lectura á que non se lle atopa sentido e disfrute" (Liliana Toichimsky) " Se leo ben, síntome competente en lectura" (Isabel Solé) " Ler é nadar nos textos, ler é bucear nos textos" (Ángel Sanz) " Ler é asumir roles, construír identidades", " As prácticas letradas son tarefas sociais nunha práctica social"(Daniel Cassany). " Debemos establecer uns obxectivos de lectura claros, facer actividades que axuden aos alumnos a ler o hipertexto. Integrar a lectura e a escritura nos novos soportes" (Felipe Zayas). Recomendamos reflexión e como non, un paseo polo centro virtual.

viernes, 13 de noviembre de 2009

jueves, 12 de noviembre de 2009

O MES DOS DEFUNTOS: CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O pasado martes acompañounos na biblioteca o noso compañeiro Carlos Nuñez para narrarlle aos alumnos e alumnas de 1º de ESO unha lindas historias relacionadas co SAMAÍN e coa morte.
Contoulles tres historias- a de Manolito Losada e a morte, a de Juanito vai que vés, controlador de sandías, a da silva- e enredadas nelas aproveitou para falarlles de tradicións e costumes: A orixe e o significado do Samaín, as escolas de antes, as arrasadeiras, os alcumes, ir ao facho; misturando fantasía e realidade ao mellor modo cunqueiriano.
Recuperamos así durante unha horas a mellor tradición contística dos galegos e colaboramos para evitar que tan antiga e fermosa tradición non se perda.
Aquí tedes as imaxes: