Mostrando entradas con la etiqueta literatura xaponesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura xaponesa. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de mayo de 2011

MANGA: EXPOTAKU, A CORUÑA 2011

Démonos unha volta pola EXPOTAKU de A Coruña 2011, o encontro de OTAKUS afeccionados ao MANGA, ANIME, COSPLAY, VÍDEOXOGOS e CULTURA ÁNIME.
A nosa sorpresa foi grande, iamos buscando unha exposición de libros Manga e Ánime e achamos un pouco de todo o relacionado con este subxénero da Banda Deseñada: vídeos, xoguetes, barallas, monicreques, vestiario, música, videoxogos, consolas, etc...
 En canto aos libros había moita variedade, desde os clásicos como Osama Tezuka ás series máis populares como Naruto, Death Note, Fullmetal Alchemist, Airgear...mangas máis femininos como Rosario to Vampire... (ademais coa entrada agasalláronnos cun exemplar de Gemelas Milagrosas de Nami Akimoto). Nos andeis atopamos manuais de como debuxar manga ao lado de libros de cociña nipona.
A exposición serviu de punto de encontro para moitos rapaces e rapazas seguidores dos personaxes protagonistas das series de manga ou ánime que se caracterizaron para esta ocasión como os seus ídolos como podedes comprobar nas fotografías.
A maiores dos puntos de venda de roupa, libros, xogos, había talleres, xogos de mesa, zonas para videoxogos e espazos para a exhibición de Para Para ( baile que se basea no movemento das mans).


Destacamos dous puntos de venda de bonecos xestionados por adolescentes, dirixidos por rapazas de 16/17 anos,  un de bonecos manga feitos de punto (ganchillo) e outro de bonecas xaponesas( Blythe, Pullip, Dal, Bjd); Falamos con elas e tiveron a amabilidade de explicarnos como fabrican os seus produtos e como gozan de poñelos a venda para subvencionar a súa afección; Quen dixo que non hai pequenas empresarias????
Tamén visitamos exposicións de roupa estilo "Lolita", ao xeito xaponés, dirixidos tamén por adolescentes que agasallándonos cunha saborosa piruleta nos amosáron os seus orixinais modelos.
Xa vedes como a lectura nos pode achegar a culturas e estéticas moi lonxanas xeograficamente (aínda que moito menos do que coidabamos), rapaces e rapazas de toda Galicia compartiron modelos diferentes chegados do país onde len "do revés", de adiante para atrás, aventuras e sentimentos manga.

lunes, 21 de marzo de 2011

A NOSA PEQUENA HOMENAXE AO POBO XAPONÉS NO DÍA DA POESÍA.


"... Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, no IES de POIO e en Radio Patio queremos solidarizarnos co pobo xaponés e a través dos seus poemas, HAIKUS, facerlles unha pequena homenaxe..."
Así comezaba a retransmisión de Radio Patio esta mañá no tempo de lecer; música e haikus desde o rural de Galicia ata as lonxanas terras do Xapón en sinal de confraternización; compatimos as súas dores e combatémolas con poemas.

Tamén se quixeron unir ás nosas palabras escritores galegos que nos enviaron polas ondas dixitais os seus haikus:

                                                       "Hoxe poalla.
                                                Eu estou aparvado.
                                                 Foxen os ratos. "                    FRAN ALONSO

                                              "O vento pasa
                                          e pousa nos teus labios
                                                 bágoas de mar."             MANUEL PORTAS

... E doutros mares como o Mediterráneo, en noite de Fallas:

                                                 "Llega furiosa
                                              entre fuego y pólvora
                                                 la primavera."                      FELIPE ZAYAS

E doutras bibliotecas coma a do Río Cabe en Monforte enlazamos este fermoso Gloster:


sábado, 19 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA, 21 de marzo 2011

O 21 de marzo é o día que a UNESCO declarou como o Día Mundial da Poesía: "De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover a ensinanza da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demáis manifestacións artísticas, coma o teatro, a danza, a música, a pintura..."
Vén crear HAIKUS con nós... a nosa pequena homenaxe co pobo xaponés...