Rematada a lectura da novela de Agustín Fernández Paz Fantasmas de luz, as alumnas de 3º de ESO B: Claudia Calvo, Nerea Moldes e Paula Domínguez seleccionaron unha escena da obra e realizaron unha pequena curtametraxe.
Esta curta gravada con poucos medios pero con moita ilusión quere ser a súa pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz en agradecemento pola mensaxe de ánimo que el lles enviou previamente a lectura da novela: http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com.es/search/label/Agust%C3%ADn%20Fern%C3%A1ndez%20Paz
O vídeo está documentado cunha pequena ficha técnica sobre a preparación do mesmo e a súa gravación e realización que podedes consultar nesta entrada. Un traballo penso que excelente destas alumnas de 3º de ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario