Mostrando entradas con la etiqueta valores humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valores humanos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de enero de 2012

101: Un agasallo lector e solidario para Bubisher


101
Érase una vez un, dos, tres… quince…cuarenta y cinco…ochenta….101 centros escolares, sembrados en una de las regiones más hermosas del Planeta: Galicia. Entre todos los tonos de verde imaginables, con balcones abiertos a un mar que de tan inmenso apenas se deja definir, guardando con mimo la voz de sus poetas y el recuerdo de su legendaria Historia en los muros de sus pazos y en los adoquines de sus calles, creció una generación de niños que, aupados por sus profesores, alzaron la mirada por encima de su realidad. Y más al sur del sur que ponía fin a su mapa, divisaron otros ojos que se abrían como platos ante las páginas de un libro. Y, entonces, comprendieron. Y, entonces, empezó todo.
Érase esa misma vez un, dos, tres…cinco…ocho…11 centros escolares y una pequeña biblioteca a la que todos llamaban El Nido del Bubisher, concentrados en una de las regiones más inhóspitas del Planeta: La hamada. Allí, en aquel lugar que alguien denominó con acierto “el desierto del desierto” cientos de libros atraparon en sus páginas la mirada inquieta y expectante de una generación de niños a los que un día les robaron su mar y su paisaje, su tierra y su mapa, pero no sus deseos de crecer con todo el honor de ser los descendientes directos de los “hombres libro” y con toda la esperanza del regreso.
Y entre libros, miradas, deseos y esperanzas, se fundieron ambas historias.
Galicia y el campamento de refugiados de Smara se han encontrado dentro de las páginas de 101 libros primorosamente envueltos, en el interior de un enorme montón de cajas llenas de mensajes de cariño,en el contenido de sobres repletos de trabajos realizados, con mucho mimo y mucho esfuerzo. Y en un mensaje que todos deberíamos hacer nuestro:
CONOCERNOS PARA QUERERNOS
Ha comenzado otro año. Mañana será otro hoy en el que lo importante no será el cambio de calendario, sino la magnífica lección de solidaridad que Galicia nos ha regalado.


domingo, 13 de noviembre de 2011

BUBISHER: O PAXARO QUE TRAE A BOA SORTE

A través da ponencia de Loli Lago (O segrel do Penedo) no congreso Bibliotecas escolares en tránsito, tivemos coñecemento da existencia de Bubisher; na páxina de facebook deste fermoso proxecto que leva os libros e a biblioteca escolar aos nenos refuxiados saharauis, atopámonos con este conmovedor vídeo que nos amosa o traballo que están a realizar. Isto lémbrame o beneficioso poder da lectura en tempos de crise  como constata a antropóloga francesa Michelle Pettit ( El arte de la lectura en tiempos de crisis) e a xenerosa tarefa dos facilitadores da lectura (a nosa admiración e os nosos parabéns para eles)

BUBISHER: http://www.bubisher.com/

Desde o noso blog queremos axudar a difundir e expandir a súa obra e desexamos que reflexionedes sobre estas lectoras imaxes:

sábado, 22 de octubre de 2011

REFLEXIONAMOS SOBRE "A arte da lectura en tempos de crise" de MICHÈLE PETIT

Escollemos as seguintes palabras da obra de Michèle Petit polo valor que lle concede ás lecturas como apoio en momentos de crise da personalidade ou da vida da persoa ou da mesma sociedade:
" ...Ler, apoiarse dos libros, é reencontrar o son do que está lonxe dunha voz amada na infancia, o apoio da súa presenza carnal para atravesar a noite, para enfrentar a escuridade e a separación. Como para eses nenos que están no hospital e aseguran oír, cando quedan durmidos, a voz da persoa que lles leu unha historia durante o día..."
Esta visión da lectura e dos libros como protección, como táboa de salvamento ante as crises, nos presenta a estes como talismáns que nos acompañarán ao longo da nosa vida; destaca nesta primeira parte o labor dos mediadores ou facilitadores que nas favelas do Brasil, nun barrio popular de Teherán ou en Rwanda "... vencen as resistencias duns e a falta de habilidade para ler doutros..." para regalarlles o don da lectura e dos libros: "Todo empeza cun pouco de hospitabilidade..."
( El arte de la lectura en tiempos de crisis. Michèle Petit. Océano travesía.)

La lecture dans des espaces en crise :
http://www.fse.ulaval.ca/litactcolaix/auteurs/petit.pdf

Preséntovos pois algún dos grupos que traballan pola lectura e que se citan nesta obra de Michèle Petit como
"A cor da letra":
A Cor da Letra é um centro de estudos, pesquisa e assessoria, que realiza atividades de divulgação e implantação de diversos projetos de leitura. Seu principal foco é disseminar a leitura, formando mediadores que ampliem o acesso ao livro e à literatura. Trabalha com instituições que atendem crianças e jovens em situação de risco, organizações não governamentais, escolas públicas e particulares, hospitais e outras entidades interessadas na implantação de projetos de leitura, bibliotecas e na formação de seus profissionais. 
Realiza também a capacitação de grupos de jovens para atuarem em projetos sociais, documentação, formação profissional e ações culturais.

domingo, 28 de marzo de 2010

Un encontro de mulleres para salvar ás mulleres: Valencia 2010, Encontro de mulleres por un mundo mellor España-África

Concluíu en Valencia o V encontro de mulleres españolas, europeas, africanas, comprometidas na loita pola igualdade que plasmaron os seus compromisos nun documento no que suscriben impulsar o número de mestras en varios países africanos.
Informa o xornal O País da asistencia de dúas xefas de estados moi distintos e contrapostas: Tarja Halonen de Finlandia ( 53 millóns de habitantes e PIB per cápita 34.769€) e Ellen Johnson-Sirleaf de Liberia (3,4 millóns de habitantes, PIB per cápita 220€); ante a pregunta "Cales son as prioridades na loita pola muller nos seus países?" as respostas son :
- Ellen Johnson: "A alfabetización das nenas e a protección contra a violencia sexual".
- Tarja Halonen: "Tivemos éxito en educación e sanidade mais fáltanos traballar na promoción das mulleres para que ocupen máis cargos directivos".
Continúa o País na Análise de Berna G. Harbour:" Ser muller comprometida en Finlandia é loitar porque as mulleres poidan compartir o poder en empresas, en política ou na vida. Ser mulller comprometida en Liberia é loitar para que non as violen ou se o fan, polo menos que non as maten"
A declaración de Valencia afirma que a falta de vontade política e a insuficiencia de recursos impiden o libre exercicio dos dereitos humanos das mulleres en África, polo que é imprescindible consolidar modelos sociais que procuren a igualdade.
Os acordos en materia de ensino (fomento da educación), sanidade (formación de enfermeiras e matronas) están sobre o papel, cadaquén que reflexione sobre estes feitos e como poderemos nós paliar as consecuencias.

(Fontes: EL País, 28/3/10; adn.es ( http://www.adn.es/printVersion/ADNNWS20100328_0576/31); V encuentro España África ( http://www.xn--africanasyespaolas-00b.es/).

domingo, 29 de noviembre de 2009

DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:

viernes, 2 de octubre de 2009

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Convencidos como estamos da importancia de afacernos a LER EN PANTALLAS, LER NAS NUBES, esta semana recomendamos outra web: hoxe 2 de outubro é o día do aniversario de GANDHI e hoxe arranca de Nova Zelanda a Primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia; durante catro meses percorrerá máis de 90 países e 160.000 Km na busca de apoios, e a reflexión de cidadáns e políticos.
Numerosas personalidades e famosos, Premios Nobel, artistas e deportistas, apoian esta marcha e ti???????.
Podes seguir a Marcha minuto a minuto desde a web http://www.marchamundial.org/, un mapa interactivo de Google Maps amosa o percorrido en tempo real, tamén hai fotografías e vídeos dos momentos máis importantes.
A páxina ten gran cantidade de información multimedia: mapas, documentos, enlaces, actualizacións por RSS, etc.

miércoles, 24 de junio de 2009

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Desde EDUCACIÓN SIN FRONTERAS remítennos este diploma por colaborar na Semana de Acción Mundial pola Educación 2009 ; a causa sempre vale a pena, sempre contarán co noso apoio:

domingo, 5 de abril de 2009

A gran lectura

A semana do 20-26 de abril, colaboraremos con Educadores sen fronteiras na súa campaña A gran lectura. Ademais de participar na creación do gran relato, realizaremos outras actividades como a toma de fotografías de actitudes lectoras e posterior exposición das mesmas, realización dun traballo xornalístico sobre a alfabetización no Concello de Poio, visionado de documentais e filmes sobre o tema e reflexión... As actividades vanse realizar en 2º de ESO e 1º de Bacharelato.