A través da ponencia de Loli Lago (O segrel do Penedo) no congreso Bibliotecas escolares en tránsito, tivemos coñecemento da existencia de Bubisher; na páxina de facebook deste fermoso proxecto que leva os libros e a biblioteca escolar aos nenos refuxiados saharauis, atopámonos con este conmovedor vídeo que nos amosa o traballo que están a realizar. Isto lémbrame o beneficioso poder da lectura en tempos de crise como constata a antropóloga francesa Michelle Pettit ( El arte de la lectura en tiempos de crisis) e a xenerosa tarefa dos facilitadores da lectura (a nosa admiración e os nosos parabéns para eles)
BUBISHER: http://www.bubisher.com/
BUBISHER: http://www.bubisher.com/
Desde o noso blog queremos axudar a difundir e expandir a súa obra e desexamos que reflexionedes sobre estas lectoras imaxes: