Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celso Emilio Ferreiro. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de diciembre de 2012

Deitado frente ao mar: Recitando Celso Emilio.

Esta mañá, 12 do 12 ás 12, o profesorado e alumnado do IES de POIO quixo unir a súa voz ás voces de centros de toda Galicia na súa humilde homenaxe ao noso gran poeta.
Organizados polo ENDL e a biblioteca en torno da data e da lectura, no patio do instituto, arredor de trescentos alumnos (só faltaron os pobres que tiñan exame, mágoa deles) coordinados polas nosas xa expertas alumnas nestes lances: Jessica Iglesias e Cheyenne Golpe de 2ºde bacharelato A (cos seus micrófonos "madonna" na cintura), aunamos o recitado común : Lingua proletaria do meu pobo...
Quixeramos que Celso Emilio, alá onde estea, escoitara as súas palabras nas voces de rapaces e rapazas de toda Galicia que hoxe colaboraron na distancia - mais arroupados polos versos - para renderlle unha sinceira homenaxe.
Seguiremos escoitando as súa mensaxe cen anos despois, sempre viva.










sábado, 20 de marzo de 2010

Picasso e Celso Emilio Ferreiro: A simbiose da arte (pintura e poema)

II

De súpeto, nos límites lonxanos do horizonte

fitou o resprandor dunha cidá en chamas

semellante a un remoto mencer amarelo.

De enriba baixou un rumor de treboada,un xordo bruído de río enrabexado,

coma un rouco balbordo cubrindo a paisaxe.

Oubeou un can nos arrabaldos,e comenzaron os lóstregos.

O fume,coma unha palmeira xigantesca

abriu os seus brazos ardentes

i esparexeu pola bóveda celeste

un escuro anuncio de morte.Asubíos e lóstregos.

Os paxaros da tarde

caíron mortos cal follas de outono.

A sireia da fábrica ergueu o seu chifro

fendendo en dous anacos o día tépedo,

o día húmido e íntimo con sabor de beixo.

Lóstregos.

(Alcendeuse a bombilla).

Unhas maus deformes afirmaron os cotobelos

no aire estremecidoe un retablo de caras esmaceladas,

mirando para o cumio, increparon aos dioses.

Queimada carne, pernas, pés, ferraduras...

Un touro axexante, coma un Minotauro perdido

nun laberinto de brazos, rostros, pernas, seos tumefactos,

muxía longamente.

(Apagouse a bombilla).

Un cincel rotoprocramou a súa protesta.

Un cabalodislocado, desbocado, agallopou frenético

sobre os cascos de pedra e nitroglicerina.Lóstregos.

Fedía a cortello misturado con cloaca e xofre.

(Alcendeuse, apagouse a bombilla).

Viuse e non se viu unha paisaxede brazos, rostros, pernas, dedos,

tellas, seos, portas, aramios...

Lóstregos e os derradeiros estoupidos.

Dempois, nada. Silencio. Un mesto silencio

de noite nevada ou de terra erma.

Xorxe, meu vello amigo:Ti que estás cos que sofren a historia

i en contra dos que a escriben,

¿como fuches parar á tropa?

Soldado de Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro.