E coma este ano xa nos iamos merecendo un regalo pois o 23 de abril estreamos as nosas maletas de poesía para empregar na Hora de Ler ou en calquera outro momento no que desexemos deixarnos mecer nos brazos das musas, ou de Raúl Vacas ou de Ana Mª Fernández, ou de Manuel Antonio ou de Rosalía, ou de Benedetti ou de Antonio Machado...
Son dúas maletas dirixidas unha delas a Bacharelato e outra á ESO e que comprenden poemarios en español e en galego cada unha delas; agora só queda esperar a que rulen...