miércoles, 15 de enero de 2014

HOSPITAL DE RECUPERACIÓN DE LIBROS.

Nesta época de crise, ben nos vén, aprender métodos e maneiras de recuperar obxectos - libros, dicionarios no caso- que aínda que deteriorados, tras un proceso de "cura" poden darnos aínda bo servizo.
Decidimos pois levar os nosos dicionarios a un "hospital de libros" para que nos ensinaran como sandalos; falamos pois co Concello e as nosas concelleiras preferidas, Alicia e Silvia xa nos enviaron a Helena (experta en obradoiros) que nos visitou e presentou a Gregoria que ía exercer de cirurxiá durante a operación dos libros enfermos
E o local, pois a nosa biblioteca; alí estivemos esta mañá os alumnos e alumnas de 1º de ESO D e C acompañados das súas profes e con Gregoria á cabeza puxemos literalmente man aos libros.
Coa presentación e os vídeos que tedes a seguir podedes comprobar o entretidos que estivemos, aprendendo e traballando; asegúrovos que despois do día de hoxe todos e todas tratarán os nosos dicionarios con máis coidado pois agora saben o traballo que dá restauralos.
Ao remate alí quedaron na biblioteca secando os libros ata o próximo mércores que remataremos a tarefa. 







https://drive.google.com/file/d/0BwXLbyYgueiaazN0WDlRcExFYnM/edit?usp=sharing

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A actividade paréceme moi interesante e máis pola crise que hai e aparte diso os libros quedan moi bonitos e moi novos para reutilizar.
Jessica Veiga Soto 1ºD.

Anónimo dijo...

A min o feito de amañar libros paréceme divertido,as fotos gustáronme e o vídeo tamén aínda que creo que non saín eu.
Adrián Besada

Anónimo dijo...

Gustoume moito, vese esforzo e diversión á vez que hai compañerismo.O vídeo quedou moi bonito pero houbo personas q non sairon, pero está xenial. Vese moito esforzo.;)

Agueda

Anónimo dijo...

Gustoume moito por que ese dìa foi moito bonito e tamèn me encantou recuperar os dicionarios para volver a utilizaolos para todo o ano.
sara