miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014 na biblioteca do IES de POIO

Para celebrar o Día da Paz este curso, os alumnos e alumnas de 4º da ESO A deseñaron estes orixinais COLLAGES que están expostos nos corredores do noso centro:


                 

Algúns deles preséntannos composicions orixinais dos propios alumnos e alumnas, outros reproducen versos pola paz de poetas galegos coma Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane ou José Ángel Valente...

A tarefa serviulles para estudiar a poesía visual e outros tipos de poesía alternativa e para reflexionar sobre o tema da Paz no mundo.

Deixámosvos pois cos versos de Brais Rei: 

Só hai unha palabra 
que ten mares,
que frea tempestades,
que sanda fogares.



Aquela palabra...
que todos coñecen
que moitos a falan,
que poucos a proban

Esa palabra que subxuga os corazóns dos homes
que perde os ancestrais valores
que sofre baixo linguas sen cores

Uns poucos inocentes coñecen a palabra
que o mundo cambia
a palabra
que o mundo sanda.

RADIO PATIO POLA PAZ 2014

Esta mañá tivemos uns invitados en Radio Patio moi especiais: o alumnado de 1º de ESO D que protagonizou este ano o noso programa especial pola paz.
Os poemas lidos polos alumnos son de poetas consagrados e os lidos polas profesoras son autoría dos propios alumnos.
Estaban todos moi nerviosos pois era a súa primeira actuación radiofónica pero fixérono estupendamente; no seguinte podcast podedes escoitalos




e tamén podedes velos:

Dia da Paz 2014. Radio Patio on PhotoPeach

11 comentarios:

Marce Rial e Daniel Olañeta dijo...

Pareceunos un video moi ben feito que expresa todo o traballo que nos costou facelo e todo o sacrficio que nos levou.

Jesus e Enzo dijo...

Pareceunos unha tarefa interesante e educativa, aparte foi divertido facela e en xeral quedaron bastante ben.

Anónimo dijo...

Paréceme unha forma moi divertida de aprender sobre o noso mundo, a parte boa e a parte mala, a realidade social que estamos a vivir. Todo mesturado formando arte visual, que expresa dunha forma creativa o significado da paz.

Anónimo dijo...

Pareceume bastantes bonitos e con moita imaxinación de por medio pero o video pareceume bastante cutre pero o que importa son collage.

Unknown dijo...

Estes collages son un exemplo da imaxinación que aínda temos. Con todo son dende ternros ata críticos, e algunhas visións orixinais.
Son moi bonitos e interesantes.

Anónimo dijo...

Paréceume moi orixinal a idea de facer un collage xa que aprendemos e divertímonos a mesma vez

Unknown dijo...

Son collages moi interesantes, hainos dende sinxelos ata críticos, son unha boa mostra de imaxinación e ademáis son bós de ver.

Unknown dijo...

Pareceume moi bonito este video porque mostra todos os collages e o traballo que todos fixemos.

Unknown dijo...

Os collages están moi ben, son moi expresivos e transmiten moitas cousas. É un claro exemplo do esforzo e o traballo dos alumnos.

Unknown dijo...

Pareceume moi divertido este traballo de facer collages e ver todas as orixinais ideas dos meus compañeiros.

Unknown dijo...

O video do collage e moi interesante por que podemos ver os nosos traballos na rede, e compartilos con máis persoas axenas a nos ,creo que e unha boa iniciativa.