Seguimos recompilando materias elaborados nos centros co motivo do Día da violencia en contra das mulleres e desde o IES Pintor Colmeiro, permítennos amablemente publicar os vídeos que as alumnas de 1BC elaboraron para facernos reflexionar contra esa violencia picolóxica exercida en moitos fogares, que non por cotiá ou por que non sae nos medios de comunicación é menos dura.
Os nosos parabéns ao estupendo traballo destas chicas e ao labor de coordinación e difusión da súa profesora, Gracia Santorum.
2 comentarios:
Moitísimas grazas por recollernos. Apertas das miñas dez!
Quero recordar aquí a Malala, rapaza pakistaní de 14 anos que tivo a enerxía de escribir un diario (publicado baixo seudónimo pola BBC) e sofre atentado dos talibán. Ela deu a coñecer as condicións en que viven nenas e mulleres en Pakistán e Afganistán. O seu exemplo anima e pensar que un mundo distinto é posible.
Publicar un comentario