viernes, 30 de noviembre de 2012

O día das librarías compartímolo cos libreiros en Culturgal

Que mellor xeito de celebrar o día das librerías que compartilo falando cos nosos libreiros dentro do marco da Feira da cultura galega, Culturgal.

E por suposto foron moi amables cos nosos chic@s de 1º da ESO (inquedos e nervosos, co dedo levantado durante todo o encontro). Respostaron a preguntas como se xa pensaban ser libreiros en 1º de ESO, por que escolleron esa profesión, como serán as librarías do futuro, se venden máis libros en galego ou en castelán, se os libros son caros ou se un pode facerse rico sendo libreiro...
Os libreiros Manuel de Librería Seijas e Cano Paz de Librería Paz contestaron ás súas preguntas con moita paciencia como profesionais que son ámbolos dous; os profes esperamos que tras este encontro os nosos rapaces e rapazas valoren a sorte que temos de ter un bo libreiro ao noso lado e que unha gran superficie nunca nos dará a palabra, a confianza, o achegamento e o consello dun bo libreiro coma os que nos acompañaron esta mañá.
Parabéns aos libreiros polos seus esforzos e ao alumnado polas súas preguntas.


Día das librarías on PhotoPeach

1 comentario:

L. de Guereñu Polán dijo...

Vexo os meus alumnos, a quen envío unha aperta.