Avelaíñas de versos en galego xiran ao meu redor nas voces dunha chea de xente nova que esta fin de semana participaron nas Xornadas de Literatura e Ensino organizadas pola AELG en Compostela:
Lucía Aldao, María Lado, Dores Tembrás, Ledicia Costas, Lorena Souto, Daniel Landesa, Xabier Sil...
Coa súa poesía transportaron ao auditorio ao mundo da sonoridade das palabras, dos sentimentos e do sentido, das rimas e das connotacións; as súas creacións enchéronnos de espranza nun futuro da lírica na nosa lingua e coidamos que das súas plumas saíran poemas que achegarán á nosa literatura aos máis altos cumes. Transmiten forza, expresividade, sensacións e temas universais que se imprimen na nosa pel e fannos levitar.
Graciñas a todos eles por debuxarnos a espranza e o futuro para a poesía galega.
"habito un xardín
e a miña cabeza xira
ao compás do mapa mundi da vida"
Ledicia Costas Corazón de inverno
Queridísima Pan-tasma
Pola túa culpa souben o que era agocharse nos baños a duchar os poemas,
Enchelos de colonias esdrúxulas
E cambiarlles a suciedade por elipses...
Protesto porque me faltan versos.
Lucía Aldao
Queridísima Pan-tasma
Pola túa culpa souben o que era agocharse nos baños a duchar os poemas,
Enchelos de colonias esdrúxulas
E cambiarlles a suciedade por elipses...
Protesto porque me faltan versos.
Lucía Aldao
Desde aquí queremos recomendarvos o seu espectáculo "A hostia en verso" que vos fará sentir dun xeito alegre e divertido toda a forza da palabra nos seus novos sons.
Poesía galega contemporánea on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario