miércoles, 30 de septiembre de 2015

viernes, 18 de septiembre de 2015

CURSO 2015/16, NOVIDADES, PREPARÁNDONOS PARA INICIAR UNHA NOVA ANDAINA ENTRE LIBROS.

Ola a todos e todas, alumnos e alumnas do IES de Poio:
Moitos xa sodes vellos coñecidos e outros aínda ides coñecernos; este curso que iniciamos esta semana ten algunhas novidades relacionadas coa biblioteca que agora vos presentamos:
  • Para comezar chéganos desde a Asesoría das BIBES galegas un novo cartel que acompañado dun novo lema marcará a liña de traballo para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións" da autoría do ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno.

  • Ponse en marcha (coa implantación da LOMCE en 1º de ESO) unha nova materia de Libre Configuración relacionada coa formación en información (ALFIN) e coa biblioteca: INEIN, investigación e tratamento da información que será impartida nos cinco grupos que este ano temos en 1º de ESO.



Preparándonos pois para explorar, investigar e aprender a informarnos...

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTECA !!!!!!!!!

miércoles, 3 de junio de 2015

Entrega de premios do III certame de Banda Deseñada AX1




Na tarde de onte participamos na entrega de premios do  III certame de Banda Deseñada AX1 en Compostela, no IES Arcebispo Xelmírez 1, acompañando aos nosos alumnos Alba Jiménez Pello e Mario Caldas Acuña.

Foi moi emocionante cando recibiron o seu diploma e escoitamos as palabras do xurado ao xustificar a escolla da súa obra por:

" O seu detallismo, por unha obra que xoga a indisciplinarse, cun viñetado que rompe co esquema establecido, aproveitando ben o esquema da páxina. Os autores  , partindo dunha base aparentemente pouco ambiciosa, preséntannos unha historia libérrima e orixinal, que fía, viñeta a viñeta, unha encantadora araña que protagoniza á vez unha historia paralela".

Transmitíronnons tamén os parabéns para o profesor, Francisco Ríos, que abríu as súas mentes e os seus lapis para realizar esta fermosa composición.

O premio foi outorgado polo EDL do IES Xelmírez 1 e pola Secretaría Xeral de Política lingüística. 

Parabéns para todos eles.




sábado, 30 de mayo de 2015

LORENZO, O LADRÓN DE COMICS

ALBA JIMÉNEZ PELLO e MARIO ACUÑA CALDAS de 1º de ESO B 
veñen de gañar  o 2º premio do certame de comics AX1 organizado polo equipo de Dinamización Lingüística do  IES Arcebispo Xelmírez 1:

" Ben prezados/as compañeiros e compañeiras do IES de Poio:  reciban en primeiro lugar un afectuoso saúdo de parte da comisión organizadora do 3º Certame de Banda Deseñada AX1. Agradecemos sinceramente a participación seu alumnado nesta edición e agardamos poder contar de novo co seu apoio en futuras convocatorias do certame. É para nós un honor comunicar que, entre os traballos presentados a concurso desde o IES de Poio, resultou gañador do 2º premio do certame, na categoría de 12 a 16 anos, a obra Lorenzo, o ladrón de cómics; parabéns"

Mirade que marabilla:





miércoles, 27 de mayo de 2015

Imos de librerías (I): Datos.

Dúas librerías pechan cada día. 
Hai pobos onde non hai ningunha librería (7.310).
No noso país non len acotío máis dun 30% das persoas.
O ano pasado pecharon en España 912 librerías.

Galicia, con 305 locais, é a comunidade con maior número de librerías por cen mil habitantes (14,4), moi por enriba da media nacional (7,8).

Datos alarmantes que lemos en "El País" e preguntámonos:

 Se desaparecen as librerías que vai ser das bibliotecas???

Por se acaso, mañá nós, quedamos cun grupiño de 2º de ESO para ir de librerías, xa vos conteramos como nos foi.

miércoles, 20 de mayo de 2015

O imaxinario da literatura galega dos últimos dez anos (Cultura galega)

Da man de Cultura galega :
chéganos este estudo estatístico sobre o imaxinario da literatura galega desta última década:

  • Predomina a ambientación temporal no presente.
  • As historias preferen os espazos non reais.
  • O drama e o fantástico son os subxéneros máis desenvolvidos.
  • Personaxes: Homes 40/ Mulleres 32, os protagonismos están moi igualados.

martes, 19 de mayo de 2015

AS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA DO IES DE POIO (2009/15)

Un percorrido polos escritores e escritoras que nos visitaron desde 2009 ata o presente curso na sección de "Encontro co autor" de animación á lectura; calidade e variedade e algúns deles repetiron... 

Graciñas a todos e a todas:

miércoles, 13 de mayo de 2015

Gracia Santórum preséntanos o seu blog de álbum ilustrado: TRAFEGANDO RONSEIS ILUSTRADO.

E entre os moitos presentes que Gracia nos trouxo na súa gran maleta vermella había unha sorpresa: O seu blog adicado exclusivamente ás recensións de álbumes ilustrados:

Trafegando ronseis ilustrado:

http://trafegandoronseis1.blogspot.com.es/

unha marabillaaa,  podemos atopar unha valoración de cada álbum tras as imaxes, clasificalos por temas, autores...
Parabéns aautora por este colosal traballo:



Gracia Santórum: Unha xoia na lectura e interpretación do álbum ilustrado.

 
No día de onte tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca e participar nun obradoiro de Álbum ilustrado e igualdade impartido pola profesora e “docta no tema” Gracia Santórum.
Comezamos a sesión cun pequeno divertimento, un poema en lingua “macarrónica” e ao lelo a profe, os que estaban dispersos puxeron cara de
“Ohhhhhhh!!! en que lingua nos está a falar esta profe…”
Logo explicounos en que consistía o “truquis” e…. xa estabamos enghanchados!!!!.
Lemos álbumes, nós, ela, creouse un clima de imaxinación… entramos no museo da ilustración e sen paghar a entrada!!!
“Canto por descubrir e soñar…, marchamos do centro con paxariños no bandullo (pola fameee…) e un sorriso nos ollos”.
E xa pola tardiña, despois dun agradable descanso, as profes puidemos gozar dun obradoiro privado para nós con Gracia Santórum, “Un luxo” coma comentaron algúns dos participantes.
Este agasallo dos deuses trasladounos ao mundo das palabras ilustradas, con e sen texto, a historia, as categorías e os temas… as palabras máis repetidas na sesión foron “e este que é un dos meus preferidos…”, unha marabilla os álbumes e a comunicadora.
Unha maleta chea de tesouros que pasaron polas nosas mans, polas nosas mentes, acariñadas, tocadas, saboreadas…todos os sabores e unha chea de libros sobre a mesa… malia os que non puidestes coma nós gozalo.
Os nosos agradecementos a Gracia polo agasallo, mais tamén a Paz, a Manoli, e a Montse por compartilo.

      
20150512_175128
20150512_172745
20150512_172755
20150512_190050