No día de onte tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca e participar nun obradoiro de Álbum ilustrado e igualdade impartido pola profesora e “docta no tema” Gracia Santórum.
Comezamos a sesión cun pequeno divertimento, un poema en lingua “macarrónica” e ao lelo a profe, os que estaban dispersos puxeron cara de
“Ohhhhhhh!!! en que lingua nos está a falar esta profe…”
Logo explicounos en que consistía o “truquis” e…. xa estabamos enghanchados!!!!.
Lemos álbumes, nós, ela, creouse un clima de imaxinación… entramos no museo da ilustración e sen paghar a entrada!!!
“Canto por descubrir e soñar…, marchamos do centro con paxariños no bandullo (pola fameee…) e un sorriso nos ollos”.
E xa pola tardiña, despois dun agradable descanso, as profes puidemos gozar dun obradoiro privado para nós con Gracia Santórum, “Un luxo” coma comentaron algúns dos participantes.
Este agasallo dos deuses trasladounos ao mundo das palabras ilustradas, con e sen texto, a historia, as categorías e os temas… as palabras máis repetidas na sesión foron “e este que é un dos meus preferidos…”, unha marabilla os álbumes e a comunicadora.
Unha maleta chea de tesouros que pasaron polas nosas mans, polas nosas mentes, acariñadas, tocadas, saboreadas…todos os sabores e unha chea de libros sobre a mesa… malia os que non puidestes coma nós gozalo.
Os nosos agradecementos a Gracia polo agasallo, mais tamén a Paz, a Manoli, e a Montse por compartilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario