Onte publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impatida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si? Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…
Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías? Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?
Mellorarán entón os resultados do informe PISA?
No hay comentarios:
Publicar un comentario