jueves, 27 de mayo de 2010

APRENDER A APRENDER

Sobre competencias e capacidades, sobre educación e aprendizaxe, desde a biblioteca queremos abrir un debate sobre ALFIN ( Alfabetización informacional), baseándonos nun artigo de Javier Martínez Aldanondo publicado na páxina de ALFIN en Arxentina (http://alfinargentina.blogspot.com/2010/05/5-mandamientos-para-la-educacion.html ) do que destacamos as ideas fundamentais:
A educación debe estar orientada ao traballo? É evidente que a educación ten que preparar ás persoas para o mundo do traballo. Obviamente, non educamos só para traballar, o fin último da educación é preparar aos xoves para a vida en toda a súa amplitude e riqueza. Onde realmente se deben producir cambios drásticos é dentro das aulas:
  1. Primeiro mandamento. A motivación é a enerxía da aprendizaxe (para aprender hai que querer aprender, as persoas só queren aprender o que lles interesa; en xeral, cando un rapaz entra en clase desconéctase por que só está interesado en aprender o que necesita para conseguir o que lle interesa, ou cando o que sabe xa non é suficiente.) A escola e a universidade deben deseñar curriculums pensados nos obxectivos dos seus clientes; na educación non é abondo con saber o qué, hai que entender o por qué.
  2. Segundo mandamento: As persoas aprenden facendo e non escoitando ou lendo... canto máis fala o profesor menos aprenden os seus alumnos... se o teu plantexamento considera o que necesitan facer os alumnos terá que ver con actividades e tarefas.
  3. Terceiro mandamento: O erro é o elemento esencial para a aprendizaxe... cando se produce o erro de maneira inconsciente e inevitable, facémonos preguntas para saber que acontece, porqué e como podemos resolvelo. hai que deseñar programas de aprendizaxe que provoquen o erro coa fin de detonar o proceso de reflexión que conduce á aprendizaxe.
  4. Cuarto mandamento: Non hai habilidade máis importante que aprender (O que somos depende do coñecemento que temos, se non aprendes morres e para aprender son moi importantes as preguntas que te fas. A escola está chea de preguntas que non te fas). Unha das principais funcións da escola e dos profesores é transmitir aos alumnos a paixón por aprender.
  5. Quinto mandamento: Engadir tecnoloxía a un modelo que non funciona non só non o mellora senón que o empeora. Hoxe é imposible traballar sen o apoio da tecnoloxía e vai resultar imposible aprender sen a súa axuda ( Un profesor con 30 alumnos con ordenadores ten que cambiar o paradigma e dar aos seus alumnos cousas que practicar e non cousas que saber). A crise da educación é un espello da crise do modelo de sociedade; os seres humanos non fomos moi afortunados á hora de deseñar procesos educativos masivos.
A educación é o proceso de preparar aos seres humanos cara ao futuro e non hai nada máis importante. Hai demasiadas cousas que mellorar na aula como para atender ao que se atopa fóra dela.

No hay comentarios: