miércoles, 28 de octubre de 2015

150 ANOS CON ALICIA.

ALICIA está de aniversario, cumpre nada menos que 150 anos desde que viu a luz da pluma de LEWIS CARROL, e na nosa biblio queremos celebralo con todos e todas vós.


Pasade pola biblio e poderedes ver a exposición das distintas edicións e recreacións da obra que desta xoia da literatura universal temos na nosa biblioteca.

( Non é a exposición de Nova York pero é:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/galego-presente-no-150-aniversario-alicia-no-pais-das-marabillas/20151013182445041539.html ).

Esperámosvos.


lunes, 26 de octubre de 2015

Pregón, fotos de familia, clubs e coordinadoras no Día das bibliotecas 2015.


A celebración do Día da biblioteca serviunos para reunir a todos os clubs e presentar as súas coordinadoras… e tivemos CHEO:
20151026_114759


E puidemos escoitar o pregón da man de Ingrid, Carmen e Ainara:
20151026_113942

viernes, 23 de octubre de 2015

Día da biblioteca

Este curso inauguraremos o curso lector celebrando o día da biblioteca; reunirémonos o vindeiro luns no tempo de lecer na nosa biblioteca para explicar en que consiste esta data sinalada no calendario da lectura e un grupo de alumnas, do club de lectura, lerán para todos e todas nós o pregón do día da biblioteca, traducido ao galego e que é da autoría de Diego Arboleda.

Logo faremos a foto de familia de todos os lectores e lectoras, das coordinadoras,  dos clubs de lectura 2015/16 "Os trasnos dos libros".

Mirade que triptico preparamos para esta celebración:


martes, 13 de octubre de 2015

Reunión inicial club de lectura 1º ESO, Lecturas coma pulgas


O vindeiro mércores, 21 de outubro, faremos no recreo a reunión inicial do club de lectura de 1º de ESO. Nesta reunión coñecerémonos todos e todas, explicaremos o funcionamento do club e asinaremos o noso contrato de lectores.

Como somos un montón, nada máis e nada menos que 31 alumnos e alumnas, dividirémonos en dous grupos de lectura para que todos e todas poidamos participar e pasalo ben.  Será na reunión do próximo mércores cando nos distribuiremos nos grupos, así que non faltedes á cita.

Ao longo desta semana avisaremos polas aulas para que non se voz esqueza. Comezamos!!!

miércoles, 30 de septiembre de 2015

viernes, 18 de septiembre de 2015

CURSO 2015/16, NOVIDADES, PREPARÁNDONOS PARA INICIAR UNHA NOVA ANDAINA ENTRE LIBROS.

Ola a todos e todas, alumnos e alumnas do IES de Poio:
Moitos xa sodes vellos coñecidos e outros aínda ides coñecernos; este curso que iniciamos esta semana ten algunhas novidades relacionadas coa biblioteca que agora vos presentamos:
  • Para comezar chéganos desde a Asesoría das BIBES galegas un novo cartel que acompañado dun novo lema marcará a liña de traballo para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións" da autoría do ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno.

  • Ponse en marcha (coa implantación da LOMCE en 1º de ESO) unha nova materia de Libre Configuración relacionada coa formación en información (ALFIN) e coa biblioteca: INEIN, investigación e tratamento da información que será impartida nos cinco grupos que este ano temos en 1º de ESO.



Preparándonos pois para explorar, investigar e aprender a informarnos...

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTECA !!!!!!!!!

miércoles, 3 de junio de 2015

Entrega de premios do III certame de Banda Deseñada AX1




Na tarde de onte participamos na entrega de premios do  III certame de Banda Deseñada AX1 en Compostela, no IES Arcebispo Xelmírez 1, acompañando aos nosos alumnos Alba Jiménez Pello e Mario Caldas Acuña.

Foi moi emocionante cando recibiron o seu diploma e escoitamos as palabras do xurado ao xustificar a escolla da súa obra por:

" O seu detallismo, por unha obra que xoga a indisciplinarse, cun viñetado que rompe co esquema establecido, aproveitando ben o esquema da páxina. Os autores  , partindo dunha base aparentemente pouco ambiciosa, preséntannos unha historia libérrima e orixinal, que fía, viñeta a viñeta, unha encantadora araña que protagoniza á vez unha historia paralela".

Transmitíronnons tamén os parabéns para o profesor, Francisco Ríos, que abríu as súas mentes e os seus lapis para realizar esta fermosa composición.

O premio foi outorgado polo EDL do IES Xelmírez 1 e pola Secretaría Xeral de Política lingüística. 

Parabéns para todos eles.




sábado, 30 de mayo de 2015

LORENZO, O LADRÓN DE COMICS

ALBA JIMÉNEZ PELLO e MARIO ACUÑA CALDAS de 1º de ESO B 
veñen de gañar  o 2º premio do certame de comics AX1 organizado polo equipo de Dinamización Lingüística do  IES Arcebispo Xelmírez 1:

" Ben prezados/as compañeiros e compañeiras do IES de Poio:  reciban en primeiro lugar un afectuoso saúdo de parte da comisión organizadora do 3º Certame de Banda Deseñada AX1. Agradecemos sinceramente a participación seu alumnado nesta edición e agardamos poder contar de novo co seu apoio en futuras convocatorias do certame. É para nós un honor comunicar que, entre os traballos presentados a concurso desde o IES de Poio, resultou gañador do 2º premio do certame, na categoría de 12 a 16 anos, a obra Lorenzo, o ladrón de cómics; parabéns"

Mirade que marabilla:





miércoles, 27 de mayo de 2015

Imos de librerías (I): Datos.

Dúas librerías pechan cada día. 
Hai pobos onde non hai ningunha librería (7.310).
No noso país non len acotío máis dun 30% das persoas.
O ano pasado pecharon en España 912 librerías.

Galicia, con 305 locais, é a comunidade con maior número de librerías por cen mil habitantes (14,4), moi por enriba da media nacional (7,8).

Datos alarmantes que lemos en "El País" e preguntámonos:

 Se desaparecen as librerías que vai ser das bibliotecas???

Por se acaso, mañá nós, quedamos cun grupiño de 2º de ESO para ir de librerías, xa vos conteramos como nos foi.