martes, 27 de mayo de 2014
domingo, 25 de mayo de 2014
Necesitamos a poesía: Antonio García Teijeiro
A semente está sementada: Antonio García Teijeiro
sábado, 24 de mayo de 2014
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: A biblioteca encheuse de poesía.
As avelaíñas poéticas volveron voar ao noso arredor esta vez na nosa biblioteca e da man do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO; alumnado de 1º de ESO B, C e D que levan traballado a súa antoloxía "Un rato díxolle a lúa" todo o curso puideron escoitalo, falar con el e un privilexio: "Compoñer un poema conxunto" .
Algunha citas que os rapaces recolleron da súa charla poética foron:
"Cando alguén le un poema convírtese en poeta"
"Necesitamos a poesía"
" Antes a poesía era sinónimo de cursi, de persoas que viven na lúa"
"A poesía é vida, e sentimento, non é cursi"
"A semente está sementada"
"Que é o primeiro que hai que facer para escribir poesía: pensar, ter imaxinación, lapis e papel."
"Na época do franquismo necesitabamos expresarnos a través da poesía: os sentimentos, as reaccións, a impotencia; estabamos revelándonos a través da poesía"
"Non escribín poesía ata que empecei a ler poesía"
"Para escribir baséome na vida, no que ocorre ao meu redor"
"Os temas da miña poesía son o amor, o desamor, a natureza (O MAR), a situación dos inmigrantes..."
"Cantas veces pode un home mirar cara arriba antes de que poida ver o ceo".(Bob Dylan)
Antonio García Teijeiro on PhotoPeach
sábado, 17 de mayo de 2014
Mil primaveras máis...
ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ Por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos
domingo, 11 de mayo de 2014
A poesía de Raquel Lanseros
miércoles, 30 de abril de 2014
Ningún amante sabe conducir. Rosalía Fernández Rial.
Presentamos este poemario de Rosalía Fernández Rial que vén de publicarse en Edicións Positivas, un poemario moi novidoso desde o punto de vista formal xa que mistura verso, prosa poética e teatro e tamén desde o punto de vista temático pois a velocidade, o erotismo e o sexo son as principais compoñentes do libro. Mais deixemos que a propia autora nos fale del nesta entrevista que lle fixeron na TVG:
A lectura deste poemario desconcertounos pero non nos defraudou mais ao contrario e como xa acontecera coa súa obra anterior Vinte en escena conmoveunos co seu lirismo e con moitas das imaxes dos seus versos; aínda ecoan nos meus oídos as "sereas con peixes nos beizos" da escea VII, " a luxuria do bidón con lume" da escea XVI que agora nesta nova obra soan coma "a soidade da lanzadora de coitelos" ou " a calzada que me queda para tocarte é un deserto en expansión".
Non deixedes de gozar da poesía desta moza chea de sensibilidade e de sabor e lembrade que estará con nós no Encontro poético de Tui. Xa vos contaremos á volta.
Rosalía Fernández Rial. Ningún amante sabe conducir. Edicións Positivas. 2014.
Rosalía Fernández Rial. Vinte en escena. Edicións Positivas. 2012.
Podedes coñecer máis sobre a súa obra no seguinte enlace do blog de EnREDandoversos pois foi a nosa poeta do mes de decembro:
http://enredandoversos.blogspot.com.es/2013/12/en-decembro-con-rosalia-fernandez-rial.html
Etiquetas:
encontro poetico,
poesia,
poesia galega,
Rosalia Fernandez Rial,
Tui 2014
sábado, 26 de abril de 2014
OBRADOIRO DE TANKAS NO DÍA DO LIBRO
Este curso quixemos ir un paso máis aló e despois do obradoiro de HAIKUS que fixemos o ano pasado, seguimos con poesía xaponesa, neste caso un obradoiro de TANKA.
Podedes ver os resultados:
Podedes ver os resultados:
Etiquetas:
Dia do Libro 2014,
obradoiro,
poesía,
TANKA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)