viernes, 11 de diciembre de 2009

NADAL e RECICLAXE

Este Nadal libros e lixo foron da man, non para suxar por suposto, senón para aprender unha lección de RECICLAXE; como podedes ver os adornos da nosa árbore de Nadal estan feitos cos refugos de todas esas bolsas de chuminadas que comemos nos tempos de lecer, coas botellas e latas baleiras, etc.
E os presentes? os presentes coma todos os anos MOITOS, MOITOS LIBROOOSSSSS.
align="justify">

domingo, 29 de noviembre de 2009

DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O pasado mércores 25 de novembro celebramos o recital de poemas co gallo do día contra a violencia de xénero. Arredor de 20 alumnos, chicos e chicas de 1º , 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato interpretaron poemas en francés e en galego que tiñan en común evidenciar a violencia contra as mulleres e rexeitala. Aquí tedes as imaxes:

domingo, 22 de noviembre de 2009

Practicamos inglés con Sting

O cantante británico Sting vén de publicar o seu último disco adicado ao inverno: If on a winters night; a canción promocional non parece moi acorde coa estación pois ten unha "marchita" que nos invita a danza con certos toques celtas ou irlandeses ( tal vez sexa para entrar en calor). De agasallo deixounos un vídeo de presentación que nos serve para escoitar a canción principal, ao seu autor e practicar algo de inglés; tamén é unha boa mostra dos instrumentos tradicionais. Quen se atreve??????:

domingo, 15 de noviembre de 2009

LEER.ES: Centro virtual adicado á lectura

Esta fin de semana presentouse en Madrid o CENTRO VIRTUAL LEER.ES novo espazo virtual adicado á lectura e dirixido a estudantes, familias, docentes e poboación en xeral que busca promover a competencia lectora nas aulas. Esta presentación apoiouse cun Congreso Nacional Leer.es no que persoeiros especialistas no mundo da lectura falaron sobre múltiples aspectos da mesma ( Ler para aprender, os plans de lectura, a avaliación da comprensión lectora, as prácticas letradas, ler na era dixital, etc). Dada a calidade dos ponentes e a importancia dos temas resulta dificil escoller entre uns e outros, quedámonos con algunhas palabras, citas que nos parece deben ser motivo de fondas reflexións:
"Ler serve para aprender a ler" , " Non se pode aprender dunha lectura á que non se lle atopa sentido e disfrute" (Liliana Toichimsky) " Se leo ben, síntome competente en lectura" (Isabel Solé) " Ler é nadar nos textos, ler é bucear nos textos" (Ángel Sanz) " Ler é asumir roles, construír identidades", " As prácticas letradas son tarefas sociais nunha práctica social"(Daniel Cassany). " Debemos establecer uns obxectivos de lectura claros, facer actividades que axuden aos alumnos a ler o hipertexto. Integrar a lectura e a escritura nos novos soportes" (Felipe Zayas). Recomendamos reflexión e como non, un paseo polo centro virtual.

viernes, 13 de noviembre de 2009

jueves, 12 de noviembre de 2009

O MES DOS DEFUNTOS: CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O pasado martes acompañounos na biblioteca o noso compañeiro Carlos Nuñez para narrarlle aos alumnos e alumnas de 1º de ESO unha lindas historias relacionadas co SAMAÍN e coa morte.
Contoulles tres historias- a de Manolito Losada e a morte, a de Juanito vai que vés, controlador de sandías, a da silva- e enredadas nelas aproveitou para falarlles de tradicións e costumes: A orixe e o significado do Samaín, as escolas de antes, as arrasadeiras, os alcumes, ir ao facho; misturando fantasía e realidade ao mellor modo cunqueiriano.
Recuperamos así durante unha horas a mellor tradición contística dos galegos e colaboramos para evitar que tan antiga e fermosa tradición non se perda.
Aquí tedes as imaxes:

domingo, 18 de octubre de 2009

NOVAS VOCES NA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca están a chamarte novas e misteriosas voces:
* Ahriel, o anxo feminino de ALAS DE FUEGO que debe guiar e protexer a raíña Marla.
* Atsushi-kun, protagonista de BICAME PROFE que está namorado do seu antigo veciño e amigo Maachan, e trata de matricularse no Instituto Jyogaoka para poder estar preto del nos próximos tres anos.
* Anaíd, a heroína de O CLAN DAS BRUXAS, adolescente que debe confesar que é unha bruxa do clan da Loba para salvar a súa nai.
* Aono Tsokune, personaxe de ROSARIO TO VAMPIRE que vai pasar o verán a unha estraña academia ao lado dun mar vermello.
* As imaxes de VIctoria Frances en FAVOLE, o mundo do vampirismo feminino
* Georgina debe atopar a seu pai, un arqueólogo perdido en México en LAS HIJAS DE LAS TORMENTAS.
* E como non, as aventuras de Bella e Edward en AMANECER, ECLIPSE, LUNA NUEVA, CRÉPUSCULO, o pack completo.

jueves, 8 de octubre de 2009

A ESCRITORA RUMANA HERTA MÜLLER OBTÉN O PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009

HERTA MÜLLER (Nitzkydorf, 1953) é unha das representantes da literatura rumana en lingua alemá, máis importantes. Exiliada en Berlín, tivo que fuxir de Rumanía durante a etapa comunista por defender os dereitos da minoría alemá neste país. Recibiu varios premios literarios en Alemania e agora recibe o da Academia Sueca por "a súa capacidade para describir a paisaxe dos desposeídos" en palabras da propia Academia.
Ten varios libros publicados en alemán e catro deles están traducidos ao español:
En tierras bajas (Niederungen), 1990
El hombre es un gran faisán en el mundo (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt), 1992
La piel del zorro (Der Fuchs war damals schon der Jäger), 1996
La bestia del corazón (Herztier), 1997
Esperemos que en breve poidamos lela e disfrutala en GALEGO.

viernes, 2 de octubre de 2009

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Convencidos como estamos da importancia de afacernos a LER EN PANTALLAS, LER NAS NUBES, esta semana recomendamos outra web: hoxe 2 de outubro é o día do aniversario de GANDHI e hoxe arranca de Nova Zelanda a Primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia; durante catro meses percorrerá máis de 90 países e 160.000 Km na busca de apoios, e a reflexión de cidadáns e políticos.
Numerosas personalidades e famosos, Premios Nobel, artistas e deportistas, apoian esta marcha e ti???????.
Podes seguir a Marcha minuto a minuto desde a web http://www.marchamundial.org/, un mapa interactivo de Google Maps amosa o percorrido en tempo real, tamén hai fotografías e vídeos dos momentos máis importantes.
A páxina ten gran cantidade de información multimedia: mapas, documentos, enlaces, actualizacións por RSS, etc.

domingo, 27 de septiembre de 2009

XA ESTAMOS DE VOLTA recomendando lecturas en pantalla (polo de agora)

Como xa sabedes seguimos no ano da astronomía e disto vai a primeira recomendación. WE CHOOSE THE MOON: Este ano celebramos o 40 aniversario da chegada do home á LÚA, unha das mellores webs para conmemorar este feito histórico é wechoosethemoon.org unha experiencia interactiva espectacular, a tecnoloxía e os retos que os astrónomos tiveron que superar hai case medio século. Experimenta unha viaxe á lúa, a conta atrás e o lanzamento; cando o cohete despega, tes acceso a distintos puntos interactivos que amosan vídeos da época e animacións realizadas por ordenador, para explicar os conceptos técnicos da viaxe: http://wechoosethemoon.org/