viernes, 24 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
Traballamos "poemas roubados"
Preparando a celebración do Día da Biblioteca e a inauguración do curso lector 2014/15
Xa está todo en marcha para a celebración o vindeiro luns do Día da Biblioteca ao tempo que inauguramos o curso lector dos Clubs de Lectura.
Ese día recibiremos á corporación municipal do noso Concello que participaran activamente na celebración léndonos algún dos seus textos poéticos preferidos.
Un grupo de alumnos e alumnas do club de 3º de ESO lerán o pregón da biblioteca adicado este ano á figura de Ana Mª Matute, escritora que nos abandonou recentemente.
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO lérannos tamén unha selección dos seus versos recreados e versos matemáticos:
e enviaremos o agasallo que están preparando para o alumnado do Club de lectira de Bibliorribeira de Porriño: uns fermosos marcalibros (feitos e deseñados por eles) co motivo do Día da Biblioteca:
Etiquetas:
Concello,
Dia das BIBES,
inauguración curso lector
viernes, 10 de octubre de 2014
Recreamos poemas: Paco é enfermeiro de Fran Alonso
Esta semana fixemos as primeiras recreacións poéticas deste curso a partir dun poema de Fran Alonso, "Paco é enfermeiro" que pertence ao seu poemario Cidades, que día a día imos lendo en 2º de ESO D; por certo que aos rapaces e rapazas estalles encantando e non deixan pasar clase sen lelo e recitalo.
Usaremos estas recreacións propias para o recital do Día da Biblioteca que xa temos á volta da esquina.
Etiquetas:
Cidades,
Fran Alonso,
poesía,
recreacions
En 2º de ESO ilustramos lecturas: As meigas de Lupa.
..." A avoa abriu a porta e a luzdo corredor iluminou dúas siluetas collidas do ganchete. Unha era unha muller bastante baixa, coma dun metro cincuenta, e moi gorda (...) vestía de rigoroso negro (...) A outra muller era moito máis alta e fraca, todo ósos. Tamén vestía de negro (...)"...
As meiga de Lupa de María Solar. Edicións Xerais.
Mochilas viaxeiras 2014/15

Xa están preparadas as nosas mochilas viaxeiras deste novo curso 2014/15 preparadas para saír á rúa; nerviosiñas elas, desexando que algún alumno ou alumna as leven para a súa casiña:
Xadrez na biblioteca: A biblioteca centro de recursos e de usos.
Unha boa mostra de que a nosa biblioteca é un centro de recursos e de usos ao servizo da comunidade educativa é esta nova actividade que temos no tempo de lecer e que ten moito éxito entre o novo alumnado de 1º de ESO:
NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA
domingo, 5 de octubre de 2014
Dez anos con Laura Gallego e Memorias de Idhun
Xa van dez anos da publicación do primeiro libro da triloxía de Memorias de Idhun - La Resistencia da autora valenciá Laura Gallego e que mellor podemos dicir desta obra de literatura fantástica para mozos e mozas senón que son dos libros máis gastadiños da nosa biblioteca, pasaron por tantas mans que quizais poida aventurar que son o best-seller dos nosos fondos de literatura xuvenil.
Parabéns a escritora por este feliz aniversario e que siga proporcionándonos moitas máis fantásticas e marabillosas historias que ler.
lunes, 1 de septiembre de 2014
ÁMOTE LEO A., para comezar o novo curso co bo sabor das viaxes.
A escritora Rosa Aneiros sempre consigue namorarnos coa súa escrita; nesta ocasión e da man de Leo, a protagonista da triloxía: Ámote Leo A., lévanos polo mundo adiante durante seis meses, de Galicia ao norte de África, ao sabor de oriente en Istambul, Praga, París e o continente americano, Bos Aires, Cuzco...
Unha novela itinerante, unha novela de aprendizaxe e formación de personaxes, Leo vai polo mundo de mochila ao lombo e cun escaso presuposto á procura dun soño, viaxar coma antes fixera o seu heroe literario: Marco Polo.
As obras teñen unha referencia literarias moi sólidas, desde As cidades invisibles de Italo Calvino ás breves e múltiples recensións sobre obras e autores relacionados cos lugares por onde a protagonista vai pasando.
As novas tecnoloxías como fondo: Os novos medios de comunicación, de busca de información, de centrar de reservas e billetes... as novas formas de viaxar da xente nova que busca novos mundos e novas experiencias, o coñecemento doutras culturas, doutras xentes e doutros xeitos de interpretar a vida.
En xeral unha novela dinámica, fresca, cunha linguaxe clara e moi coidada no mellor estilo desta autora. Unha obra ideal para iniciar as lecturas deste curso que hoxe comeza cun doce sabor a liberdade, a liberdade que os soños e as viaxes nos proporcionan.
Etiquetas:
libros de viaxes,
literatura galega,
Rosa Aneiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















.jpg)


