miércoles, 15 de abril de 2015

Carlos Negro: “A poesía serve para dar respostas a preguntas díficiles.”


Con estas palabras comezou esta mañá o poeta Carlos Negro o seu obradoiro co alumnado de 2º de ESO do IES de Poio; os rapaces e rapazas esperábano con moita ilusión xa que a lectura dos poemas de Penúltimas tendencias creáranlles moi boas espectacivas, e non foron defraudados.
“ A poesía vale para responder doutra maneira, hai xente que le a poesía para facer preguntas e buscar respostas…”
Unha longa viaxe iniciática polo camiño da singularidade, do rexeitamento dos canons de beleza establecidos (das barbies), dos candados “amorosos” que coartan a liberdade das persoas(dos moccias) e da beleza da palabra…
Un longo camiño percorrido con versos propios e alleos, de Carlos, de Kirmen Uribe… saboreados co gusto do chocolate (un sorriso depositado sobre a lingua dos rapaces, o sabor dos sabores)…
E tivemos o noso “bichiño” especial ao que non lle gustaba o chocolate, o que non quixo verse no espello pero o que en privado me confesou, logo, que lle encantara a sesión; só por el/ela foi marabilloso o encontro con Carlos Negro.


Obradoiro de poesía con Carlos Negro on PhotoPeach

                      

No hay comentarios: