Hoxe temos o pracer de confirmarvos que o vindeiro día 11 de decembro recibiremos no noso centro a visita do prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo.
Esta conferencia celebrarase grazas á colaboración do Departamento de Orientación, a Vicedirección do noso IES e da Biblioteca; por cuestións de calendario do doutor Carracedo terá lugar no mes de decembro pero está encadrada dentro da programación da campaña "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas". O doutor é ademais o autor do manifesto co que se destaca esta campaña.
O profesor Carracedo, de gran prestixio internacional polos seus estudos sobre o ADN defende tamén a postura da necesidade da existencia dunha CIENCIA EN GALEGO.
Dentro das actividades desta campaña "mes da ciencia en galego na biblioteca" desde a biblioteca estase a fomentar a participación do alumnado do I certame literario "Relatos de auga intelixente" organizaco por Viaqua coa fin de celebrar o Día Mundial da Auga. Con este fin a asociación Ventos realizará un obradoiro sobre o uso responsable da augaco alumnado de 1º de ESO.
Sobre o uso responsable da auga deixámosvos este fermoso vídeo de "Abuela Grillo"sobre un mito ayoreo con música de Luzmilla Carpio ( en quechua, linguaxe minorizada de Bolivia):
No hay comentarios:
Publicar un comentario